
Intervención por presuntas ameazas
Na madrugada do día 26 de setembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un local de hostalería do barrio da Milagrosa, xa que unha empregada solicita presenza policial xa que no exterior hai unha persoa que a ameazou e ten medo de ser agredida.
Os axentes comparecen de inmediato manifestando esta persoa que momentos antes unha muller intimidáraa e ameazáraa, ausentándose acto seguido do lugar, tendo intención de denunciala. A patrulla realiza unha procura pola zona localizando a esta muller, a cal é identificada, negando estes feitos, aínda que recoñece ter certas desavinzas coa empregada do establecemento. Os policías confeccionan o correspondente parte de intervención xa que se constata que se formulan a correspondente denuncia por estes feitos.
Grafiti
Na madrugada do día 26 de setembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo sorprende a un home que, cun spray, atópase realizando unha pintada sobre a parede da ponte da Avenida dos Deportes, sobre o que discorre a N-VI, sen autorización, procedendo á súa identificación e levantando acta de denuncia por infracción á Lei do Solo de Galicia.