Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 25 de setembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

O pasado 21 de setembro  varias patrullas da Policía Local de Lugo son comisionadas pola Sala do 092 para que acudan á zona de Mariña Española xa que se estaba producindo unha pelexa entre varias persoas.

Os axentes preséntanse de inmediato e atópanse a cinco persoas que tentan agredir a outra, interpoñéndose entre os agresores e a outra persoa, conseguindo disolver a agresión, aínda que un dos agresores debe ser inmobilizado xa que era o que esgrimía un vidro na man co que pretendía agredir á persoa.

Que mentres uns policías reducían a esta persoa, outros axentes saen en persecución doutro dos agresores que fuxía do lugar, sendo interceptado aos poucos metros, momento no que ao virarse esgrime un arma de fogo, que posteriormente se comproba que é de aire comprimido, sendo desarmado polos axentes, procedendo á detención de ambas as persoas e trasladadas a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda. (foto).

Noticias relacionadas