Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Mércores, 25 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Persoa caída no seu domicilio

Ás 21:25 horas do martes 24, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio foi comisionada nunha vivenda da cidade xa que, segundo chamada telefónica recibida na Sala do 092, unha persoa atopábase caída no interior do seu domicilio e non era capaz de levantarse.

Acudidos de inmediato no lugar, os axentes comproban que se trata dunha muller de 81 anos de idade, que se atopa tendida no chan da súa vivenda e refire dor na cadeira, motivo polo cal os policías evitan manipulala, permanecendo na súa compañía ata a chegada dos servizos sanitarios, cos cales colaboran, seguindo as súas indicacións, para incorporala. Finalmente, os sanitarios proceden ao seu traslado ao Hospital Universitario Lucus Augusti, para a súa valoración máis completa.

Presunta violencia de xénero

Ás 18:10 horas do martes 24, unha patrulla de Policía de Barrio trasládase de urxencia a unha vivenda da rúa Cidade de Viveiro, ante o aviso dun posible caso de violencia de xénero recibido pola Sala do 092. Unha vez no lugar, os policías entrevístanse cunha muller, de 31 anos de idade, a cal manifesta que, cando informou á súa actual parella a cerca de que ía ir visitar ao seu fillo e ao pai deste, a súa parella enfadouse, quitoulle as chaves do domicilio que comparten e tiroulle toda a roupa que tiña nas maletas, polo cal non pode acceder á súa casa.

O home foi localizado polos axentes nas inmediacións do edificio, negando todo o relatado e explicando que fora a muller a que sacara toda a roupa da maleta buscando as chaves de casa. Os axentes, aínda que a muller non quixo realizar ningún tipo de denuncia, trasladáronse a dependencias policiais, para o inicio das correspondentes dilixencias, para tentar determinar como ocorreran os feitos.

Noticias relacionadas