Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 25 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de velocidade

Desde o 12 ao 20 de abril/23, a Policía Local de Lugo realizou unha campaña en cooperación coa DXT, de control de velocidade, co emprego dun vehículo dotado de cinemómetro, naquelas vías do centro urbano que se detecta un incremento do número de accidentes, co seguinte balance:

  • VEHÍCULOS CONTROLADOS: 6410
  • CONDUTORES DENUNCIADOS: 138

A Policía Local de Lugo lembra a todos os condutores que o exceso de velocidade incide desfavorablemente na seguridade viaria e ten un impacto negativo sobre os usuarios máis vulnerables da vía, como peóns e ciclistas. Unha velocidade inadecuada ou excesiva é determinante tanto para a incidencia dos accidentes como para a gravidade das lesións.

As infraccións por exceso de velocidade poden levar aparelladas sancións de 100 a 600 euros e a retirada de ata 6 puntos do permiso de condución.

Seguridade cidadá

Na tarde de onte, 24 de abril, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo da o alto nun control a un vehículo na rúa Sierra de Outes, observando que o seu condutor non fai uso do cinto de seguridade, polo que se abre expediente de sanción con multa de 200 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Os axentes observan que o condutor está moi nervioso, polo que se realiza un rexistro do vehículo, achando un bastón tipo “cachava” que presentaba na punta un reforzo de ferro, a cal en caso de ser utilizada pode causar grave dano á integridade das persoas, sen que o condutor puidese xustificar o seu porte, sendo intervido e levantándose acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá que prohibe a tenencia deste obxecto, podendo carrexar sanción, no seu grao mínimo,  de ata 10.400 euros.

Galos nun parque infantil

Na mañá de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, detecta no Parque infantil de Gallego Tato dous galos e unha galiña, sendo localizado o propietario que se fai cargo das aves, manifestando que se escaparon do recinto onde as tiña, levantándose acta da devandita intervención.

Noticias relacionadas