Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 25 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Intervención de tarxeta de estacionamento para persoas con minusvalía

Ás 10’15 horas do martes 24, unha patrulla de Policía de Barrio que realiza funcións de vixilancia nas inmediacións do Parque da Milagrosa, con motivo do mercadillo, observa a presenza dun vehículo estacionado na zona reservada para discapacitados. Despois de realizar as xestións oportunas e tras contactar coa usuaria do citado automóbil, os policías puideron comprobar que cara a uso da tarxeta concedida a outra persoa, a cal non era transportada no vehículo, nin ao chegar nin ao ausentarse do lugar, motivo polo cal se confeccionou a correspondente denuncia, procedendo tamén á intervención da tarxeta, para a súa remisión á administración correspondente.

Noticias relacionadas