Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 24 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Ruídos en vivendas particulares

Sobre as 22,40 horas do día 23 de setembro/21 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se desprace a un edificio da rúa Nicomedes Pastor Díaz xa que os veciños denuncian ruídos molestos que proveñen dunha vivenda que ao parecer está ocupada por mozas que “non paran de organizar festas”.

Os axentes escoitan desde as escaleiras da inmoble música en ton moi alto, procedendo a identificar o responsable que manifesta que está reunido cuns amigos xogando á Play Station “de forma acalorada” e que non eran conscientes das molestias que ocasionaban, sendo requiridos para que cesen os ruídos, o que fan ao instante, levantándose acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Delito contra a seguridade viaria

Sobre as 2,50 horas do día 24 de setembro/21, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, de servizo pola rúa  Montirón, detecta que un vehículo circula en  zig- zag e de forma moi lenta, dándolle o alto e observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,80 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Noticias relacionadas