Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante o fin de semana do 21 ao 23 de abril.

Luns, 24 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Inspección establecemento de lecer nocturno

Na madrugada do sábado 22 ao domingo 23 de abril, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo e indicativos da Policía Nacional realizaron un dispositivo conxunto para inspección de establecementos de lecer nocturno, levado a cabo nun local da Rolda da Muralla, obténdose o seguinte balance.

Por parte dos axentes da Policía Local de Lugo levantáronse actas de infracción á normativa de Espectáculos Públicos, polas seguintes condutas:

  • No interior do local, concretamente á entrada do mesmo, obsérvase unha zona destinado ao estacionamento de vehículos de mobilidade persoal (VMP), que entorpece zonas de paso, xa que se atopa moi próximo á entrada e saída do establecemento. (Adxúntase imaxe)
  • O corredor central atópase ocupado por usuarios sentados en taburetes altos, lindeiros coa mesa de mesturas e o aparello reprodutor de música, dificultando o libre acceso ou saída do establecemento.
  • Carencia de botiquín, debidamente sinalizado coa dotación apropiada para atender os sinistros que se produzan.
  • Carencia de controlador de acceso ou dalgún sistema para o control de aforamento ou para impedir que as persoas usuarias saquen vasos ao exterior.

Por parte da Policía Nacional realizáronse diversas identificacións das persoas que había no interior do local.

Rescate dun gato

Na mañá do día 22 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode á rúa Río Ser xa que ao parecer un gato caera pola cheminea dun respiradero do garaxe, quedando atrapado. Os axentes localizan ao animal, requirindo a presenza dunha dotación de Bombeiros e do servizo de Lacería, procedendo o desmonte da cubrición da cheminea para poder alcanzar o gato, que é recuperado ileso, sendo trasladado á Protectora de Animais.

Controis de alcoholemia

Durante a madrugada do sábado día 22, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, establecéronse diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, co seguinte balance:

  • República Arxentina. Condutor POSITIVO en probas de alcoholemia, que arroxa resultado 0,33 mg/l.
  • República Arxentina. Condutor que arroxa un resultado POSITIVO de 0,36 mg/l nas probas de alcoholemia ás que foi sometido.
  • Otero Pedrayo. Condutor sometido ás probas de alcoholemia que arroxa un resultado POSITIVO de 0,39 mg/l.
  • Mariña Española. Condutor sorprendido con taxa de alcol POSITIVA de 0,40 mg/l.
  • Rolda das Mercedes. Condutor sometido ás probas de alcoholemia, con resultado POSITIVO de 0,42 mg/l.
  • República Arxentina. Condutor que arroxa un resultado POSITIVO de 0,54 mg/l nas probas de detección alcohólicas ás que foi sometido.

Ao cinco primeiros condutores abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e ao último condutor sancionóuselle con 1000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, procedendo á inmovilización dos vehículos.

Caída dunha rama de árbore

Na mañá do día 22 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta na rúa Eloy Maqueira unha rama de gran tamaño tirada sobre a beirarrúa, obstaculizando o paso de peóns, solicitando a presenza dunha dotación de Bombeiros que procede ao corte e retirada da rama. (Adxúntase imaxe)

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas