Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 23 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Detención por delito contra a seguridade viaria e delitos de resistencia e desobediencia grave a axentes da autoridade

Sobre as 4:25 horas do día 23 de setembro unha patrulla camuflada do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta na rúa San Roque un vehículo que ao saír dun semáforo derrapa coas rodas dianteiras, continuando a gran velocidade, sendo perseguido polo vehículo patrulla pola rúa Montero Ríos, sen que faga caso aos sinais de alto dos axentes, sendo interceptado na Avenida Adolfo Suárez.

Os axentes póñense á fala co condutor observando que presenta signos de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, xa que a súa fala era pastosa, tiña os ollos vidriosos, a voz apagada e despedía un forte cheiro a alcol, sendo requirido para efectuar as probas de detección alcohólica, pero o condutor en clara actitude de evadir a realización das probas, introduce a embocadura do etilómetro na boca mais non sopra, sendo advertido que no caso de non realizar adecuadamente a proba será investigado por un delito contra a seguridade viaria por NEGATIVA, manifestando que se nega a realizala, instruíndose dilixencias por este delito.

Así mesmo infórmaselle que debe ser trasladado a dependencias policiais, negándose a descender do vehículo, ofrecendo gran resistencia cara aos axentes que teñen que inmobilizalo, procedendo á súa detención por un delito de desobediencia e resistencia grave a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, negándose a ser asistido nun centro médico e sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias por estes feitos para o Xulgado de Garda.

Identificación de persoa por alteración da orde público

Sobre as 23:00 horas do día 22 de setembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á rúa da Cruz xa que segundo varias chamadas recibidas unha persoa moi ebria estaba a meterse co resto de viandantes e mesmo orixinara unha pelexa.

Os axentes localizan de inmediato á devandita persoa, un home de 30 anos veciño desta cidade, manifestando algunha testemuña que lle quitaban unha botella que portaba para que non causase dano algún, manifestando que ameazara a algunhas persoas pero foi para defenderse xa que a el tamén o ameazaban.

Os axentes ao proceder á súa identificación comproban que non porta documento algún, sendo trasladado a dependencias policiais onde se procede á súa completa identificación, instruíndose dilixencias por estes feitos.

Controis de velocidade

No día de onte, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo levaron a cabo diferentes controis de velocidade en vías do centro urbano onde se detectan un incremento de accidentes de circulación, co emprego dun vehículo policial dotado de cinemómetro, controlando 626 vehículos e denunciando a 14 condutores por exceso de velocidade.

Así mesmo detectouse un condutor que presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,60 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Aparcacoches ilegais

Na mañá do día de onte 22 de setembro estableceuse un dispositivo con vehículos policiais rotulados e camuflados para o control da conduta ilegal de aparcacoches na contorna do HULA, levantándose CATRO actas de denuncia por infracción ao Regulamento Xeral de Circulación ao sorprender a outras tantas persoas ocupando a calzada para indicar lugares de aparcamento aos condutores, con risco para a súa integridade física.

Noticias relacionadas