Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 23 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por requisitoria xudicial

Sobre as 5:00 horas do día 23 de febreiro un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola rúa Tui, comprobando que o seu titular non o presentara á ITV no prazo debido, procedendo á súa identificación e consulta de antecedentes, resultando que sobre o condutor recae unha orde de procura e detención, sendo a causa a usurpación do estado civil, requirida por un Xulgado da provincia da Coruña, procedendo á súa detención e traslado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado competente.

Delito contra a seguridade viaria

Na tarde de onte día 22 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo de servizo pola rúa Castelao detecta a circulación irregular dun vehículo que ao identificar o seu condutor compróbase que CARECE DE PERMISO DE CONDUCIÓN POR RESOLUCIÓN XUDICIAL, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Axuda humanitaria

Na tarde do día 22 de febreiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á rúa Lamas de Prado xa que ao parecer unha persoa caera na beirarrúa. Os axentes localizan a esta persoa que manifesta que se atopou mal, polo que se apoiou inicialmente na parede dun edificio, sentándose na beirarrúa, sendo auxiliada polos policías, requirindo a presenza dunha ambulancia na que é trasladada ao HULA para a súa atención médica.

Na madrugada do día 23 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode a un edificio da rúa Monforte xa que unha persoa caera no interior do seu domicilio e era incapaz de levantarse. Os axentes preséntanse de inmediato e observan a un home de avanzada idade tirado no chan, manifestando que escorregara e o seu familiar non era capaz de levantalo, sendo auxiliado polos axentes que o incorporan, deixándoo na cama, rexeitando asistencia médica xa que non se causou dano algún.

Esa mesma noite unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, de servizo pola rúa Dinán, observa un home tirado na beirarrúa, procedendo ao seu auxilio, pescudando que sufrira unha caída como consecuencia da intoxicación etílicaque presentaba, colocándoo en posición de seguridade, tapándoo cunha manta térmica e requirindo a presenza dunha ambulancia, sendo trasladado ao HULApara a súa atención facultativa.

Noticias relacionadas