
Agresión sexual
O pasado 19 de outubro unha patrulla da Policía Local de Lugo que se atopaba de servizo na Avenida de Ramón Ferreiro, como parte do dispositivo policial do Rally San Froilán, é informada por unha muller que momentos antes, cando estaba a pasear coa súa parella, un home que camiñaba por detrás deles colocoulle unha man na cintura e coa outra lle manoseó os glúteos, sendo localizado polos axentes que proceden á súa detención por un presunto delito de agresión sexual, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.
Intento de roubo
A noite do día 15 de outubro unha patrulla da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á Praza Maior xa que ao parecer hai unha persoa retida por un presunto roubo e unha pelexa. Os axentes preséntanse de inmediato e observan a dous homes como teñen retido a outro no chan e hai dúas mulleres no lugar que eran as presuntas vítimas.
Os policías fanse cargo da persoa retida, entrevistándose coas dúas mozas as cales manifestan que cando ían camiñando pola rúa Doutor Castro, este home comézalles a pedir diñeiro e que lle entregasen o bolso e ao non facerlle caso, o home diríxese cara a elas pedindo de novo diñeiro e tenta agarralas por detrás, o que non consegue porque as dúas mozas comezan a correr e a gritar, sendo auxiliadas por dous empregados dun establecemento próximo, os cales o reduciron ata a chegada da patrulla policial, sendo traslado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias por estes feitos para a súa remisión ao Xulgado de Garda, formalizando as vítimas a correspondente denuncia.

