Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 22 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

Sobre as 4,00 horas do día 22 de abril/22 un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo trasládase á rúa Germán Alonso onde se produciu un accidente de circulación no que un vehículo desviouse da súa traxectoria chocando contra outros dous turismos estacionados, observando que o condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,77 mg/ l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Delito contra a seguridade viaria e positivo en drogas

Un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo instruíu no día de onte dilixencias por un delito contra a seguridade viaria, na modalidade de Xuízo rápido,  ao detectar unha patrulla da Policía Nacional a condución temeraria dun vehículo pola Avenida de Infanta Elena, observando ademais que o condutor presentaba signos de acharse baixo os efectos das drogas, sendo sometido ás probas regulamentarias no equipo “drogotest” lanzando un resultado POSITIVO por anfetaminas, o que lle carrexa ademais da condena penal polo devandito delito, unha multa de 1.00 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Auxilio a un animal

Na tarde do día de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edifico da Rampa de Claudio López xa ao parecer un gato caera á vía pública.

Os axentes localizan ao animal no patio de luces do edificio, sangrando polo costado, sendo trasladado ao centro veterinario  Rof  Codina para o seu coidado.

Os axentes comprobaron que o animal carecía de chip identificativo e realízanse investigacións para a identificación do propietario.

Ruídos en vivendas

Ás 00,20 horas do día 22 de abril/22 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo desprázase á  rúa  Fontaneira xa que os veciños quéixanse dos ruídos que proveñen dunha vivenda, comprobando que se escoita música a gran volume e actividade humana, procedendo á identificación da responsable que manifestou que tiñan a televisión “moi alta”, sendo requirida para que cesasen as molestias o que fixo ao instante, levantan acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Ás 1,00 horas outra patrulla acode a un edificio da Avenida de Madrid xa que os veciños denuncian molestas que lles impide conciliar o soño, comprobando os axentes que se escoita música a volume moi elevado, procedendo á identificación do responsable o cal manifesta que está a celebrar unha festa cuns amigos, non sendo consciente das molestias que ocasionaba, sendo requirido para que cesen, o que fai ao instante, levantándose acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Precinto de vehículo por embargo

Na mañá de onte procédese á localización dun vehículo sobre o que pesaba mandamento de procura e captura por EMBARGO, sendo trasladado co servizo de guindastre ao depósito municipal onde queda PRECINTADO ao dispor do organismo competente.

Noticias relacionadas