Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 21 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Filtros de seguridade e delito contra a seguridade viaria

No día de onte mércores 20 de xullo/22, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, estableceron diferentes filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano para o control do cumprimento da normativa de vehículos e condutores, detectando na Avenida de Fontiñas a circulación irregular dun vehículo, que ao ser detido comprobouse que o seu condutor, de 25 anos de idade e veciño desta cidade, CARECÍA de permiso de condución por PERDIDA DE VIXENCIA, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizándose o vehículo.

Este condutor é REINCIDENTE na comisión de delitos contra a seguridade viaria xa que no ano 2019 foi sorprendido por efectivos da Policía Local de Lugo conducindo un turismo CARECENDO de permiso de conducir por non obtelo NUNCA; no 2020 provoca un accidente na Avenida Breogán e dáse á fuga e este mesmo ano, no aparcadoiro dun centro comercial, provoca outro accidente e ábrenselle dilixencias por delito de condución temeraria e no ano 2021 vólvenselle abrir dilixencias por delito de condución temeraria nas inmediacións do HULA e a final deste ano sorpréndeselle de novo na Rolda da Muralla con alta taxa de alcol e condución temeraria.

Así mesmo nun control estático na rúa Villalba e Avenida da Coruña detectáronse dous condutores que presentaban signos de inxerir bebidas alcohólicas, sendo sometidos ás probas de alcoholemia e lanzando o primeiro un resultado POSITIVO de 0,35 mg/l, o que supón unha multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e o segundo un resultado POSITIVO de 0,50 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Noticias relacionadas