Filtros de seguridade viaria
Efectivos da Policía Local de Lugo estableceron diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, dando o alto ao mesmo tempo, na rúa Sierra de Meira a dous vehículos, observando que o condutor dun deles presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado postivo de 0,42 mg/l., abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos, inmobilizando o vehículo.
O condutor doutro vehículo presentaba signos de consumir substancias estupefacientes, sendo sometido a un test de drogas, lanzando un resultado positivo en THC, sendo sancionado con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
Na rúa Río Navia dáse o alto a un vehículo cuxo condutor é sometido a un test de drogas, lanzando un resultado positivo en THC e opiáceos, sendo sancionado con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
No transcurso deste dispositivo detectáronse as seguintes infraccións graves á normativa de seguridade viaria:
- 8 condutores denunciados por non presentar os vehículos a ITV no prazo debido.
- 4 titulares de vehículos denunciados por circular carecendo de SOA.
- 1 condutor denunciado por circular co vehículo cuxos pneumáticos non reúnen as condicións mínimas de utilización.
- 1 condutor denunciado por non trocar o seu permiso de condución.
- 1 condutor denunciado por quebrantamento de inmobilización.
Venda ambulante non autorizada
Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no Parque da Milagrosa, con ocasión do mercadillo semanal, realizaron un dispositivo de inspección dos postos alí situados, detectando que un posto non se atopa no lugar asignado, sendo substituído por outro vendedor que non ten autorización, ordenando a retirada da mercadoría e o desmonte do posto, procedendo á intervención da tarxeta que non correspondía co titular, levantando acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, por ocupación de espazo público para a venda ambulante sen autorización, propoñendo sanción de 600 euros.
Así mesmo detectáronse dúas persoas que exercían venda ambulante sen autorización ocupando espazo público, levantándose senllas actas de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, propoñéndose sanción de 600 euros.
Axuda humanitaria
Na madrugada de onte, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo interviñeron en tres auxilios a cidadáns. O primeiro na rúa Milagrosa onde os axentes atopan a unha persoa tirada na beirarrúa, presentando signos de embriaguez, requirindo a presenza dunha ambulancia que o trasladou ao HULA. A segunda intervención se levou a cabo nun edificio da zona sur da cidade, onde unha persoa caeuse no interior da súa vivenda, observando os axentes como se achaba tirado no salón despois de sufrir unha caída fortuíta, incorporándoo e deixándoo no dormitorio, rexeitando asistencia médica e quedando ao cargo dun familiar. A terceira prodúcese na Avenida de Garabolos onde a patrulla policial atopa a un home tendido na beiravía, presentando signos evidentes de acharse embriagado, conseguindo os policías reanimalo e colocalo en posición de seguridade, requirindo a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao HULA.

