Comunicado de prensa de policía local de Lugo

Venres, 10 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de policía local de Lugo

Controis de alcoholemia e drogas

Durante a madrugada, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, co seguinte resultado:

- 00:50 horas. Detéctase a condución irregular dun turismo pola Avenida de Madrid. Realízaselle ao condutor proba de drogas lanzando un resultado POSITIVO en Cocaína. Instrúese expediente sancionador con multa de 1000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

- 1:30 horas. Dáse o alto a un vehículo na rúa Lamas de Prado. O seu condutor presenta signos de embriaguez. É sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,54 mg/l. Tamén é sometido ás probas de drogas lanzando un resultado POSITIVO en Metanfetaminas. Ábrense dous expedientes sancionadores con 2.000 euros de multa e a detracción de 12 puntos do permiso de condución. Así mesmo compróbase que este condutor carece de permiso de condución por non obtelo nunca, polo que se instrúen dilixencias por un delito contra a seguridade viaria.

- 4:15 horas. Detéctase a condución irregular dun vehículo pola praza da Liberdade. O seu condutor presenta signos de embriaguez. Foi sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,54 mg/l. Ábrese expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

- 4:40 horas. Dáse o alto a un vehículo na Rolda das Fontiñas cuxo condutor presenta signos de embriaguez. Sométese ás probas de alcoholemia lanzando un resultado POSITIVO de 0,43 mg/l e practícaselle proba de drogas lanzando tamén resultado POSITIVO en THC e Cocaína. Ábrese pola alcoholemia expediente sancionador con 500 euros de multa e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e pola presenza de drogas no organismo 1.000 euros de multa e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

- 4:50 horas. Detéctase pola rúa Rof Codina a condución irregular dun turismo. O seu condutor presenta signos de embriaguez e é sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,55 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

 

Detención por delitos de ameazas, resistencia, desobediencia e atentado a axentes da autoridade.

Sobre as 20:00 horas do día de onte unha patrulla da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo, que se achaba na rúa San Roque, é requirida por un cidadán o cal lles pide axuda xa que uns mozos están a ameazar aos viandantes cun coitelo. Os axentes diríxense a un grupo de persoas, observando como dous mozos encáranse cos policías proferindo ameazas e insultos, propinándose un deles golpes no peito en actitude agresiva, manifestando que “non lle importaría matar a un policía cun coitelo”.

Ordénaselle que depoña a súa actitude e lonxe de obedecer, incrementan a súa agresividade cara aos axentes, tentando agredilos, tendo necesidade de repeler os intentos de agresión, sendo inmobilizados, ofrecendo forte resistencia, procedendo á súa detención, non achando na súa poder arma branca algunha.

Non obstante testemuñas dos feitos manifestan aos axentes que puideron observar como un dos detidos portaba un coitelo que lanzou, sendo localizado nas inmediacións por un dos axentes entre dous vehículos estacionados, identificando claramente o mozo que portaba o coitelo e como o lanzaba entre os turismos.

O coitelo era de cociña cunha folla de 13 cm. Con motivo da intervención os axentes resultaron con lesións (erosións, rabuñaduras e fortes golpes) acudindo a un centro médico para a súa revisión. Os detidos foron conducidos inicialmente a un centro médico para a súa revisión e posteriormente a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias por un presunto delito de ameazas, resistencia grave, desobediencia e atentando a axentes da autoridade.

Noticias relacionadas