Detención por Requisitoria Xudicial
Na tarde do día 18 de decembro, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, proceden á detención dunha persoa que se presenta na Oficina de Atención ao Cidadán da Xefatura da Policía Local de Lugo, solicitando autorización para pernoitar no Fogar do Transeúnte e tras realizar o policía de servizo a correspondente dilixencia de identificación, compróbase, a través das bases de datos policiais, que dita persoa ten interposta unha Orde Xudicial de detención e presentación, requirida por un Xulgado de Valencia por condución baixo a influencia de alcol e drogas, instruíndose as oportunas dilixencias para a súa remisión á Autoridade Xudicial correspondente.
Auxilio a cidadáns
No día de onte, efectivos da Unidade Territorial da Policía de Barrio da Policía Local de Lugo realizaron dúas intervencións de axuda humanitaria.
A primeira levouse a cabo nun edificio da rúa Curros Enríquez onde unha persoa sufrira unha caída no interior da súa vivenda e non era capaz de levantarse, sendo auxiliada polos policías que a incorporan, deixándoa sentada no salón da casa, ao coidado dun familiar, rexeitando asistencia sanitaria xa que non causou lesión algunha.
A segunda tivo lugar na rúa Nova onde a patrulla observa que unha muller está tirada na rúa, sangrando e queixándose dunha dor no brazo, sendo auxiliada e manifestando que cando camiñaba, de súpeto caeu ó chan, colocándolle unha manta térmica para protexela do intenso frío, requerindo a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao HULA.