Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 16 ao 18 de decembro.

Luns, 19 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de Seguridade viaria

Durante as noites do venres e sábado, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio de equipos de Atestados do Corpo e o emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, intensificaron os controis de seguridade viaria, detectándose as seguintes incidencias:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

  • Na Avenida Infanta Elena detectouse a circulación irregular dun vehículo, comprobando que o seu condutor CARECÍA de permiso de condución por perda total dos puntos asignados, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. Inmobilización do vehículo.
  • Na rúa Miguel de Cervantes detéctase outro vehículo cuxo condutor CARECÍA tamén de permiso de condución por NON OBTELO NUNCA, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. Inmobilización do vehículo.
  • Na rúa Mariña Española detéctase a circulación irregular dun vehículo, comprobando que o seu condutor se achaba baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,75 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. A este condutor ábrenselle dilixencias tamén por quebrantamento da inmobilización do vehículo.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS

  • Na rúa Enriqueta Otero é detectado un vehículo cuxo condutor lanza un resultado POSITIVO de 0,54 mg/l nas probas de alcoholemia realizadas para o efecto. Ábrese expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
  • Na rúa Cidade de Vigo dáse o alto a un vehículo cuxo condutor lanza un resultado POSITIVO de 0,61 mg/l. Abríndose expediente sancionador con multa de 1000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir.

Nun filtro de seguridade viaria establecido na Rolda da Muralla, obtéñense os seguintes resultados:

  • POSITIVO 0,34 mg/l
  • POSITIVO 0,35 mg/l
  • POSITIVO 0,43 mg/l
  • POSITIVO 0,58 mg/l

Aos tres primeiros abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e ao cuarto 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do seu permiso de conducir.

  • Na rúa Santiago detéctase un vehículo que pasa a luz vermella dun semáforo, comprobando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,42 mg/l.

Unha patrulla policial camuflada detectou as seguintes incidencias:

  • No polígono das Gándaras detéctase outro condutor que presenta signos de inxesta de alcol, lanzando un resultado POSITIVO de 0,53 mg/l.
  • Na rúa Ángel López Pérez é parado un vehículo que realizaba unha condución a velocidade excesiva, sendo sometido o seu condutor ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,40 mg/l.
  • Na Avenida de Ramón Ferreiro detéctase a condución neglixente dun vehículo, observando que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,49 mg/l.

A estes catro condutores abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e inmobilización do vehículo.

  • Na Rolda da Muralla sorpréndese a un condutor que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,52 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Condutas incívicas

Por unha patrulla camuflada do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo sorprendeuse a dous mozos ouriñando na Vía Pública. O primeiro na Praza Maior e o segundo na rúa Falcón, levantando acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñendo sanción de ata 900 euros.

Axuda humanitaria

Sobre as 7:15 horas do día 16 unha patrulla trasládase á rúa Galicia xa que unha persoa de avanzada idade caera no seu domicilio e a súa coidadora non tiña forza suficiente para levantala. Os axentes atopan a esta persoa tirada no chan do dormitorio, sendo auxiliada polos policías que a incorporan, deitándoa na cama, rexeitando asistencia médica xa que se atopaba ben.

Sobre as 15:10 horas do día 16 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á Praza de Santo Domingo xa que unha persoa caera na vía pública. Os axentes atopan a un home de mediana idade tirado na beirarrúa, presentando signos de embriaguez e unha ferida na fronte, polo que é auxiliado, colocándoo en posición de seguridade e requirindo a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao HULA.

Noticias relacionadas