Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 19 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delitos contra a seguridade viaria e controis de alcoholemia

Sobre as 20:50 horas do día 18 un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Avenida das Américas xa que se producira un accidente de circulación no que o condutor dun vehículo perdera o control do mesmo impactando contra CINCO vehículos estacionados.

Os axentes observan que devandito condutor, que resultou ser NOVEL (20 anos de idade) e xa cun antecedente por alcoholemia, presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,25 mg/l, cando a taxa máxima para este tipo de condutores é de 0,15 mg/l, instruíndose dilixencias. (Adxúntase imaxe)

Ás 00:30 horas do día 19 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno dá o alto a un vehículo que circula pola rúa San Roque, observando que o condutor se acha baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 1,04 mg/l (catro veces a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria e inmobilizándose o vehículo.

Na madrugada do día 19 establecéronse controis de alcoholemia en vías do centro urbano, detectando dous condutores con resultado POSITIVO nas probas ás que foron sometidos. O primeiro lanzou un resultado de 0,56 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución e o segundo lanzou un resultado de 0,35 mg/l, sendo sancionado con 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Aparcacoches ilegais

Na mañá do día de onte 18 de outubro, por efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo estableceuse un dispositivo especial na contorna do HULA, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados para combater a actividade ilegal de aparcacoches, levantándose SETE actas de denuncia contra CINCO persoas (dúas delas reincidentes) que se dedicaban a ocupar a calzada para indicar estacionamentos libres aos condutores, co consecuente risco para a súa integridade física e causando molestias innecesarias ás persoas usuarias da vía pública.

Este dispositivo ten como obxectivo dar seguridade na zona e sancionar estas condutas infractoras á lexislación de tráfico e seguridade viaria e ás ordenanzas municipais.

Noticias relacionadas