Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Luns, 19 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Ataque de can ao seu propietario

O luns día 12 de xuño, a Sala do 092 recibiu unha chamada informando do ataque dun can a unha persoa nas inmediacións do cemiterio municipal. De forma inmediata se comisiona no lugar un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio, que localiza á persoa agredida no interior do seu vehículo, con sangue en brazos e pernas, motivo polo cal solicitan a presenza dunha ambulancia do 061, cuxos ocupantes prestan a primeira atención ao ferido e logo proceden ao seu traslado a un centro sanitario.

Os axentes localizan ao animal, que resultou ser da raza Staffordshire Terrier, xunto á porta de acceso ao cemiterio, comprobando que presenta restos de sangue no peito, fuciño e extremidades, sendo requirido o Servizo de Lacería, que se fixo cargo do animal e procedeu ao seu traslado ás súas instalacións, onde se mantén en corentena.

Tras realizar as investigacións oportunas, os policías puideron identificar ao animal a través do microchip, resultando ser propiedade do home agredido, constatando tamén que tiña subscrito o seguro de responsabilidade civil obrigatorio, aínda que o seu titular, que o estaba paseando no momento da agresión, carece da licenza municipal preceptiva para a súa tenencia e tampouco o inscribiu no Rexistro Municipal, tal e como obriga a norma, por todo o cal os axentes confeccionaron as actas - denuncias correspondentes, ademais doutra por levar ao animal pola vía pública sen facer uso da boceira regulamentaria.

Queima de restrollos non autorizada

Durante a mañá do venres, día 16 de xuño, a Sala do 092 recibe información sobre unha queima de restrollos nunha leira da Avd. de Madrid, nas inmediacións dun local de hostalaría, polo que se comisiona no lugar un indicativo de Policía de Barrio.

Os axentes comproban que unha persoa se atopa queimando restos de maleza en tres lumes distintos, polo que, tendo coñecemento de que a Consellería de Medio Rural prohibiu a queima de restos agrícolas e forestais desde o día 29 de marzo, identifican á única persoa que se atopaba controlando o lume e levantan acta - denuncia polos feitos, procedendo a sufocar as tres fogueiras que se atopaban activas.

Ameazas e insultos a traballadora de hostalaría

Ás 22:20 horas do sábado, un indicativo do Grupo Operativo Nocturno trasladouse a un local de hostalaría da Avd. da Coruña, desde onde unha das traballadoras requirira a presenza policial, xa que, instantes antes, fora insultada e ameazada por un cliente que, ao observar que chamaba á Policía, ausentouse do lugar.

Os axentes indicaron á muller o procedemento que debería seguir para formalizar denuncia polos feitos e, posteriormente, iniciaron a procura do suxeito, que foi localizado e identificado nas inmediacións do local.

Control de establecementos

Durante a mañá do sábado, os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio, trasladáronse a un local de hostalaría situado no Carril dos Loureiros, onde comprobaron que excedía o aforamento autorizado, xa que ten capacidade para 22 persoas e, nese momento, atopábanse no seu interior máis de 40, motivo polo cal se confeccionou unha acta - denuncia por exceso de aforamento.

O mesmo local tamén foi denunciado por permitir saír ao exterior portando as consumicións e, ademais, unha das persoas que se atopaban no exterior foi identificada para ser denunciada por consumo de bebidas alcohólicas na vía pública.

Filtros de seguridade viaria

No marco dos filtros de seguridade viaria levados a cabo polo Grupo Operativo Nocturno, a Unidade Territorial de Policía de Barrio e a Unidade de Atestados, durante a fin de semana, obtivéronse os seguintes resultados:

  • Controis de velocidade, realizados en vías como a Estrada Vella de Santiago, Infanta Elena, Benigno Rivera, Rolda da Carmen e Rolda da Muralla: controláronse un total de 2.185 vehículos, sendo denunciados 178 deles por exceder a velocidade máxima permitida en cada unha das vías.
  • Filtros de documentación e condicións técnicas de vehículos, realizados en vías como Rolda da Muralla, Rolda Fontiñas, etc, incluíndo o dispositivo específico organizado con motivo da Kedada de vehículos nas Gándaras na tarde/noite do venres:
  • 7 vehículos que non foran sometidos á ITV no prazo regulamentario.
  • 1 vehículo que circulaba a pesar de haber resultado desfavorable a ITV regulamentaria.
  • 4 vehículos circulando sen ter concertado o seguro obrigatorio.
  • 1 condutor que manexaba o automóbil co permiso de conducir caducado.
  • 1 condutor sen permiso de conducir, xa que presenta un permiso estranxeiro non válido.
  • 1 vehículo circulando carecendo de permiso de circulación.
  • 1 condución sen a dilixencia e precaución necesarias.
  • 1 condución de forma neglixente.
  • 1 por circular en horas nocturnas sen facer uso da iluminación regulamentaria.
  • 1 por facer uso do teléfono móbil durante a condución.
  • 1 motocicleta que circulaba sen o ‘dB Killer’ e utilizando un escape non homologado.
  • CATRO condutores que arroxaron resultado positivo nas probas de alcoholemia (0.43 e 0’42 / 0’41 e 0’37 / 0’58 e 0’54/0’61 e 0’62 mg/L), motivo polo cal foron denunciados administrativamente.
  • 1 condutora que arroxou resultado positivo nas probas de drogas ás que foi sometida (cocaína e cannabis), polo que se confeccionou denuncia administrativa.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas