Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 18 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delitos contra a seguridade viaria

Sobre as 16:30 horas do día 16 de maio unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola rúa Lamas de Prado, dándolle o “alto” e comprobando a través das bases de datos policiais que o condutor CARECE de permiso de condución por non obtelo NUNCA, identificando ao titular do vehículo e abrindo dilixencias contra o condutor por delito contra a seguridade viaria e ao titular por cooperador necesario na realización do delito, inmobilizando o vehículo.

Continuando cos dispositivos para o control do cumprimento da normativa de tráfico, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, na noite do 16 ao 17 de maio, establecéronse diferentes filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, detectando ás 3:35 horas a circulación irregular dun vehículo pola rúa Santo Graal, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,74 mg/l, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Ás 4:05 horas unha patrulla detecta un vehículo que circula sen ningún tipo de iluminación pola mesma vía, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,70 mg/l, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Ambos os vehículos foron inmobilizados e os condutores enfróntanse a unha pena de prisión de tres a seis meses ou multa ou traballos en beneficio da comunidade e en todo caso coa privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

No transcurso destes controis levantáronse tres actas de denuncia por infracción á Lei de Protección de Seguridade Cidadá por falta de respecto e consideración aos efectivos policiais, propoñéndose sanción de ata 600 euros.

Intervención por roubo en interior de vehículo

Sobre as 7:30 horas do día 17 de maio unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á rúa Otero Pedrayo xa que un home está a tratar de abrir os vehículos estacionados.

Os axentes localizan a esta persoa e fanlle un seguimento a pé, observando que camiña polas rúas Conde, Río Sil, Lucas Ferro Caaveiro e rúa Pombal, “tanteando” todos os vehículos que se vai atopando, introducíndose nun deles, sendo interceptado cando saía do vehículo, procedendo á súa identificación e cacheo, achándose no seu poder certa cantidade de diñeiro e un frasco de perfume, que foi recoñecido como da súa propiedade polo propietario do vehículo, instruíndose dilixencias para o Xulgado de Garda.

Noticias relacionadas