Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 18 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Detención por subtracción dun teléfono móbil

A madrugada do día 17 de abril, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, de servizo pola Avenida da Coruña, é alertada por un cidadán que lles indica que na rúa Luis Seoane está a producirse unha pelexa entre varias persoas.

Os axentes trasládanse de inmediato ao devandito lugar, separando a dous homes que estaban a forcexar e entrevistándose separadamente con cada un deles, manifestando o primeiro que observara como o outro home subtraera un teléfono móbil do interior dun bar da rúa Menorca, propiedade dunha das empregadas, seguíndoo ata darlle alcance, con intención de recuperar o teléfono, interceptándoo nese lugar, momento que comezou a golpealo e empuxalo coa clara intención de evadirse da súa presenza e fuxir do lugar co móbil, momento que chegaron os axentes, os cales atopan o teléfono móbil tirado no chan.

Os policías proceden á identificación do presunto autor destes feitos, adoptando unha actitude agresiva cara aos axentes, aos que ameaza de morte, acudindo ao lugar a persoa que se identifica como propietaria do teléfono móbil, manifestando que recoñece sen ningunha dúbida a esta persoa como autor da subtracción do móbil que se atopaba no interior da barra do bar, valorado en 1.500 euros.

Por tal motivo procédese á detención desta persoa de 27 anos de idade e veciño desta cidade, sendo trasladado  a un centro médico, dado o estado de exaltación que presentaba, sendo conducido posteriormente a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.

Noticias relacionadas