Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 18 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Filtros de seguridade viaria

 No día de onte 17 de febreiro/22, establecéronse diversos  filtros de seguridade viaria no que participaron tanto efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, axentes do Grupo Operativo Nocturno e equipos da Unidade de Atestados do Corpo, co emprego de vehículos policiais  rotulados e camuflados, realizando as seguintes intervencións:

  • Ás 18,00 horas detéctase a condución dun vehículo por calle Guardias cuxo condutor carecía de permiso de condución por perda de vixencia polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. Este condutor foi interceptado por unha patrulla de Policía Local de Lugo o pasado 9 de febreiro, instruíndose naquel entón dilixencias por delito contra a seguridade viaria, sendo sometido a Xuízo Rápido o pasado 14 de febreiro.
  • Ás 1,10 horas do día 18 nun control na Ronda de Fontiñas detéctase a condución dun vehículo cuxo condutor lanza un resultado POSITIVO de 0,31 mg/ l nas probas de detección alcohólica ás que foi sometido, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
  • Ás 1,55 horas é detectado un vehículo circulando pola rúa Paradai lanzando o seu condutor un resultado POSITIVO de 0,35 mg/ l nas probas de alcoholemia ás que foi sometido, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
  • Ás 2,00 horas nun control na zona da Milagrosa detéctase un condutor que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 1,18 mg/ l, comprobándose ademais que carecía de permiso de condución por resolución xudicial, instruíndose dilixencias por DOUS delitos contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Ás 4,20 horas nun control establecido na rúa Rodríguez Mourelo dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,78 mg/ l, instruíndose dilixencia por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Así mesmo abríronse expedientes sancionadores a diversos condutores por facer uso do teléfono móbil durante a condución, carecer de ITV ou conducir cun permiso estranxeiro non susceptible de troco.

Así mesmo detectouse un vehículo cuxas placas de matrícula temporais de empresa habían caducado, procedendo á súa retirada ao Depósito Municipal e abríndose expediente sancionador.

Intervención por discusión familiar

Sobre as 18,05 do día 17 de febreiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da  Avenida Paulo Fabio Máximo xa que ao parecer había unha discusión familiar.

Os axentes identifican os participantes na discusión, todos eles familia, que se produciu cando unha das persoas pediulles diñeiro a outras da mesma familia e estas negáronse.

Unha das persoas manifesta que foi agredido por dúas mulleres da súa familia de forma leve, polo que se instrúe atestado para a súa remisión ao Xulgado de Garda.

Noticias relacionadas