Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante o 17 de xaneiro.

Mércores, 18 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidentes de circulación

  • A primeira hora da mañá prodúcese un accidente de circulación na Avenida Breogán con tres vehículos implicados, a consecuencia de que o primeiro se detén ante un paso de peóns. A continuación o vehículo que circula por detrás impacta por alcance contra o anterior e, posteriormente, un terceiro fai o mesmo e impacta tamén por alcance contra o segundo dos vehículos e que lle precedía. Rexístranse danos materiais unicamente.
  • Accidente consistindo en saída de vía na rúa Santiago, chocando contra un poste da luz e danando varios bolardos que delimitan o carril bici. Só danos materiais.
  • Accidente na Avenida de Pablo Iglesias, onde dous vehículos entraron en colisión cando un deles salía dun estacionamento para incorporarse á circulación, non se rexistran persoas lesionadas pero sí danos materiais.

Inundacións

  • Debido á crecida do Río Miño, foi preciso cortar a Calzada da Ponte nas inmediacións da Ponte Romana, inundándose unha casa e procedendo a desviar o tráfico rodado cara a N-VI. Colaboran tamén Bombeiros e Protección Civil na axuda ao desaloxo do baixo da devandita vivenda.
  • Córtase o Paseo Álvaro Cunqueiro, dende a Estrada Vella de Santiago, para impedir o acceso ao colexio da Ponte debido á crecida do río que afecta ao propio centro escolar, onde se suspenden as clases.
  • Colócase sinalización na N-VI, ao seu paso por diante do Muíño, debido a que o caudal do río chega case á mesma vía, coa finalidade de que o tránsito rodado reduza a velocidade.
  • En Ombreiro, se cortan varias vías nas zonas limítrofes ao bar Suso, onde o río Narla anegou parcelas e camiños veciñais, ademais da propia estrada que leva a San Xoan de Parada.
  • Péchanse os paseos do Rato dende Casa María e tamén o do Río Miño dende a Fábrica da luz ao atoparse inundados.
  • Péchase, así mesmo, o acceso ao estacionamento da escola de piragüismo pola inundación da zona.

Caída de árbore no Polígono do Ceao

  • Córtase temporalente a rúa dos Canteiros, na parte posterior á nave de Fraín, pola caída dunha árbore que impide o paso de vehículos, participando os Bombeiros para cortar o exemplar caído e deixando a vía expedita.

Caída de partes da fachada dun edificio á vía pública

  • Córtase a rúa Cidade de Viveiro como consecuencia da caída de cascotes dun edificio en estado de ruína, sendo necesaria a presenza dos Bombeiros coa escaleira para retirar todos aqueles elementos en perigo de caer á rúa. Posteriormente, reanúdase o tráfico rodado e peonil.

Auxilio Cidadá

  • Un cidadá de 55 anos é interceptado por parte de membros da Unidade Territorial de Policía de Barrio, cando camiñaba pola N-VI, nas inmediacións do Muíño, ocupando parcialmente a calzada e non era capaz de manter correctamente a verticalidade, sendo un perigo para si mesmo e para o tráfico da zona.

Ao parcer, inxerira alcohol e camiñaba en dirección contraria á que, aparentemente, quería seguir, rexeitando ser atendido nun centro médico. Foi trasladado ás inmediacións do seu domicilio co fin de evitar que volvera poñerse en perigo tanto a el mesmo como á circulación.

Noticias relacionadas