Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana de Arde Lucus/24.

Luns, 17 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia e drogas

Durante a fin de semana intensificáronse os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, participando efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio de equipos de Atestados do Corpo, utilizando vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA (5)

  • Na Avenida da Coruña intercéptase un vehículo que circulaba de forma irregular, observando que o seu condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,67 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Na Avenida Infanta Elena dáse o alto a un vehículo, observando que o seu condutor presentaba signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, lanzando un resultado POSITIVO de 0,69 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Na Praza Fonte do Rei dáse o alto a un vehículo, comprobando que o seu condutor CARECÍA de permiso de condución por PERDA TOTAL DOS PUNTOS ASIGNADOS, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Na rúa Río Ser detéctase a circulación irregular dun vehículo, observando que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,88 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Na Avenida Rodríguez Mourelo intercéptase un vehículo cuxo condutor CARECE de permiso de condución por non obtelo NUNCA, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS (14)

  • Avenida de Madrid. Condutor lanza taxa POSITIVA de alcol de 0,43 mg/l.
  • San Eufrasio. Condutor lanza taxa POSITIVA de alcol de 0,31 mg/l.
  • Rúa do Franco. Condutor lanza taxa POSITIVA de alcol de 0,32 mg/l.
  • Rolda da Muralla. Condutor lanza taxa POSITIVA de alcol de 0,39 mg/l.
  • Rolda da Muralla. Condutor lanza taxa POSITIVA de alcol de 0,49 mg/l.
  • Rolda da Muralla. Condutor lanza taxa POSITIVA de alcol de 0,38 mg/l.
  • Armando Durán. Condutor lanza taxa POSITIVA de alcol de 0,40 mg/l.
  • San Roque. Condutor lanza taxa POSITIVA de alcol de 0,47 mg/l.
  • Camiño Real. Condutor lanza taxa POSITIVA de alcol de 0,41 mg/l.
  • Avenida da Coruña. Condutor lanza taxa POSITIVA de alcol de 0,34 mg/l.
  • Avenida Rodríguez Mourelo. Condutor lanza taxa POSITIVA de alcol de 0,30 mg/l.

Estes condutores foron sancionados con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

En Rolda Fontiñas detéctase a circulación irregular dun VMP, observando que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,55 mg/l., sendo sancionado con multa de 1.000 euros.

ALCOHOLEMIAS A XINETES DE CABALOS

Na Rúa Nova detéctase a circulación de dous cabalos, cuxos xinetes presentan signos de embriaguez, sendo sometidos ás probas de detección alcohólica. O primeiro lanza un resultado POSITIVO de 0,42 mg/l. O segundo NÉGASE a someterse ás probas de alcoholemia, sendo sancionado con multa de 1.000 euros. Ademais foron denunciados por transitar por zona peonil.

DROGAS (1)

Na rúa Santiago intercéptase un vehículo cuxo condutor lanza un resultado POSITIVO en COCAÍNA, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Así mesmo interceptáronse 7 vehículos que circulaban carecendo de seguro obrigatorio e 2 vehículos cuxo titular non os presentaban a ITV no prazo debido.

Auxilios a cidadáns

Durante a fin de semana, as patrullas de Policía Local interviñeron en diversos auxilios a persoas en vía pública, sendo os máis destacados:

Na Praza de Santa María un mozo caeuse sobre o cristal que cobre a “piscina romana”, resultando ferido na cabeza, sendo auxiliado e requirindo a presenza dunha ambulancia do 061 que o trasladou ao HULA.

Na Avenida Pousa Antelo auxíliase a un mozo tirado na rúa, presentando unha forte intoxicación etílica, sendo requirida unha ambulancia, sendo atendido polo persoal sanitario.

Na Praza de Santo Domingo auxíliase a unha persoa en estado de embriaguez que presenta unha ferida na cabeza, sendo requirida unha ambulancia do 061 que o trasladou ao HULA.

Na Rolda da Muralla auxíliase a unha persoa que está sentada no chan, manifestando que está a notar unha taquicardia moi forte, sendo requirida a presenza dunha ambulancia que a traslada ao HULA.

Venda ambulante non autorizada

Con motivo do mercadillo semanal, celebrado o día 14 no Parque da Milagrosa, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio, sorprenderon a tres persoas ocupando espazo público para a venda ambulante non autorizada, sendo denunciados por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, propoñéndose sanción de 600 euros a cada un deles.

Noticias relacionadas