
Tres detencións por actuacións destacadas nas últimas horas: violencia doméstica, roubo con forza e agresión na vía pública
Durante esta madrugada, a Policía Local de Lugo levou a cabo diversas actuacións relevantes que se saldaron con tres persoas detidas pola súa presunta implicación en delitos graves, vinculados á seguridade cidadá e á protección do ámbito familiar.
A primeira intervención tivo lugar na zona noroeste da cidade sobre a unha da madrugada, cando unha chamada cidadá alertaba dunha agresión entre unha parella en plena vía pública. A rápida actuación das patrullas permitiu identificar aos implicados, quen manifestou versións contraditorias do sucedido. Ante as evidencias e os testemuños solicitados, os axentes procederon á detención de ambas as persoas: el por un presunto delito de violencia de xénero e ela por un presunto delito de violencia doméstica, sendo trasladados posteriormente a dependencias policiais tras a súa valoración médica.
A segunda actuación tivo lugar sobre as 4:20 horas no interior dunha vivenda, onde un veciño alertou da entrada de intrusos na súa . Os propietarios lograron reter a un dos supostos autores, mentres que o segundo conseguiu fuxir do lugar. Á chegada da patrulla, comprobouse que os individuos accederan escalando un muro e fracturado unha xanela para tentar entrar na vivenda. Procedeuse á detención do home retido como presunto autor dun delito de roubo con forza en casa habitada. O arrestado portaba un teléfono móbil cuxa propiedade non puido acreditar, e que foi intervido para a súa investigación. A colaboración cidadá e a eficacia policial permitiron neutralizar a intrusión sen que se chegasen a consumar danos persoais.
Desde a Policía Local de Lugo lémbrase o compromiso diario coa protección das persoas, a defensa da convivencia e a resposta inmediata fronte a calquera situación que poña en risco a seguridade colectiva ou individual.

