
Requirimento por ruídos
Ás 04’05 horas do mércores, a Sala do 092 recibe queixas dun veciño polos ruídos que proceden dun piso próximo, polo que envía ao lugar un indicativo do Grupo Operativo Nocturno. Os axentes contactan co requirente e logo trasládanse ao piso do que proceden as voces, onde poden comprobar que se está celebrando un evento familiar, informando os ocupantes da vivenda das molestias que están a causar debido a que a hora se corresponde co descanso nocturno, cominándolles a cesar nas mesmas.
Ás 3’05 horas do xoves, un indicativo do Grupo Operativo Nocturno trasladouse a unha vivenda da rúa da Raíña, onde había queixas veciñais polo ruído procedente dun piso. Os axentes comproban que do citado piso proceden ruídos que non son compatibles co descanso nocturno, polo que contactan coa moradora da vivenda, que di estar a celebrar unha reunión, sen ser consciente das molestias causadas, que cesaron de inmediato.
Utilización irregular de zona de acampada
Ás 15’35 horas do martes, un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio foi comisionada na zona destinada a caravanas, adxacente ao Pavillón Municipal de Deportes, xa que a Sala do 092 recibira aviso sobre unha persoa que impedía a súa utilización normal.
Os axentes comproban que se trata dun individuo que facía uso dunha tenda de campaña e estaba a colgar roupa na zona destinada á vertedura de augas sucias. Ante a presenza dos axentes, o home abandona o lugar sen máis novidade, quedando libre para o uso normal da zona.
Auxilio a cidadáns
Ás 16’20 horas do martes, a Sala do 092 recibe información sobre unha persoa tendida no chan na rúa Industria, polo que envía ao lugar un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio. Os axentes localizan á devandita persoa, resultando ser unha muller, que se atopa semiinconsciente, ignorando o motivo da súa caída. Os axentes tentan manter a calor corporal da muller, illándoa do chan e tapándoa coa manta térmica de dotación policial, á espera da chegada dos servizos sanitarios, que posteriormente procederían ao seu traslado a un centro sanitario.
Ás 10’30 horas do mesmo día, un indicativo de Policía de Barrio trasládase a un edificio da rúa Concepción Arenal, onde unha persoa caeuse. Os axentes atopan á muller tendida no portal, manifestando caerse ao baixar a escaleira. Os axentes prestan unha primeira asistencia e requiren a presenza dunha ambulancia, que procede ao traslado da muller a un centro sanitario.
Ás 13’00 horas do xoves, un indicativo de Policía de Barrio trasládase a un domicilio da rúa Nicomedes Pastor Díaz, auxiliando a unha muller, de 80 anos de idade, que se caeu e atopábase sentada sobre o chan da ducha e non era capaz de levantarse polos seus propios medios, manifestando non necesitar ningún tipo de atención médica.
Ás 12’00 horas do mesmo día, outra unidade foi comisionada nun domicilio do sur da cidade, onde había un home caído no exterior da súa vivenda, na zona axardinada. Foi necesario que os Bombeiros accedesen saltando o enreixado de peche do recinto, facilitando así o acceso ao servizo policial, que se atopou ao home sobre as escaleiras que comunican a vivenda coa zona axardinada, cun corte sanguento na cabeza. Requiriuse a presenza dunha ambulancia, que trasladou ao lesionado a un centro sanitario. Os axentes tamén localizaron a un familiar do home, a quen informou de todo o ocorrido.
Aparcacoches
Durante a mañá do martes, os axentes de Policía de Barrio que realizaban patrulla preventiva polas inmediacións do HULA puideron observar a presenza de dúas persoas que, introducíndose na calzada e facendo xestos aos condutores de vehículos, realizaban a actividade de “aparcacoches”, motivo polo cal foron identificadas e denunciadas, sendo ademais advertidas de que debían cesar en tal actividade, polo risco que conleva para eles mesmos e para o resto de usuarios da vía.

