Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 15 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Alcoholemia e seguridade cidadá

Na tarde de onte día 14 de xullo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola rúa Tui, sendo interceptado e observando os axentes que o condutor presenta signos de embriaguez polo que é sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,64 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizándose o vehículo.

No transcurso da intervención aproxímase ao lugar dos feitos un individuo que comeza a recriminar aos axentes que se lle fixesen as probas de alcoholemia ao condutor, dirixíndose en ton altivo, proferindo frases de menosprezo aos policías e negándose a identificarse cando foi requirido para iso, polo que se levantaron TRES actas de denuncia polas seguintes infraccións á Lei de Seguridade Cidadá:

  • Desobediencia aos axentes da autoridade, propoñéndose sanción de ata 30.000 euros.
  • Negativa a identificarse, propoñéndose sanción de ata 30.000 euros.
  • Falta de respecto e consideración a axentes da autoridade, propoñéndose sanción de ata 600 euros.

Inspección de Establecemento de hostalería

Na noite do día 14 de xullo unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realiza inspección nun local de hostalería da praza de Catasol, levantándose diversas actas de denuncia polas seguintes infraccións á normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia:

  • Exercer a actividade sen licenza de funcionamento.
  • Ter en funcionamento unha cadea musical sen autorización.
  • Ter billar e futbolín sen autorización administrativa.

Botellón

Sobre as 2,00 horas do día 15 de xullo unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo levantou SEIS actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia contra outros tantos mozos, que estaban a consumir bebidas alcohólicas na Praza Aviador Parga Cerezo, xerando moito ruído e molestias á veciñanza.

Noticias relacionadas