
Filtros seguridade viaria
Durante os filtros dinámicos de seguridade viaria realizados polos axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio na xornada do mércores, 14 de xuño, sorprendeuse a un condutor, cando circulaba pola rúa Lamas de Prado, sen facer uso do cinto de seguridade; acompañado dun menor de idade, de estatura inferior aos 135 cm., que tampouco facía uso de ningún sistema de retención infantil, tal e como é preceptivo.
Devandito condutor, ao ser requirido para confeccionar as denuncias correspondentes, manifestou acharse indocumentado, achegando datos sobre a súa filiación, debendo ser trasladado a dependencias policiais. Mentres que outra persoa se fixo cargo do menor, os axentes comprobaron que os datos identificativos que achegara eran falsos e pescudouse a súa verdadeira identidade, tras o cal tamén se puido acreditar que perdera a vixencia do seu permiso de conducir ao perder a totalidade dos puntos asignados, motivo polo cal, ademais de ser denunciado por unha infracción á a Lei de Seguridade Cidadá, ao achegar datos falsos sobre a súa identidade, iniciáronse dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria.
Auxilio á cidadanía
Durante a tarde do mesmo día, un indicativo de Policía de Barrio trasladouse á rúa Mar Cantábrico, desde onde se requiriu a presenza policial, a través da Sala do 092, por unha mancha de aceite sobre a calzada.
Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que se trataba dun vehículo que vertera aceite do motor sobre a calzada, polo que se requiriu a presenza do servizo de limpeza e o guindastre de asistencia para a retirada do automóbil.
Mentres duraron os traballos de limpeza da calzada, os axentes realizaron un corte de tráfico, para evitar perigo tanto aos operarios como ao resto de condutores.