Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 15 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención

A madrugada do día 15 de maio unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á rúa Mariña Española xa que ao parecer estábase producindo unha pelexa.

Os axentes observan como un home, de 46 anos e veciño desta cidade, está a increpar aos acompañantes dunhas mulleres que tentaban abandonar o lugar, sendo requirido para que depoña a súa actitude, facendo caso omiso, encarándose e ameazando aos policías, levantando o seu puño cara aos axentes para agredilos, tentando arrebatar a un deles a súa defensa regulamentaria, polo que é inmobilizado, procedendo á súa detención e posterior traslado a dependencias policiais, onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.

Noticias relacionadas