Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 15 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de velocidade

Na noite do 14 ao 15 de febreiro, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizáronse varios controis de velocidade en vías do centro urbano onde se detectan un incremento de accidentes de circulación por esta causa, controlándose 148 vehículos e formulando denuncia a 19 titulares de vehículos por exceder a velocidade máxima permitida.

Estes controis foron realizados en vías limitadas a 30 km/h, sendo a máxima detectada de 86 km/l, o que supón para o condutor 600 euros de sanción e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

O obxectivo destes controis é garantir o cumprimento dos límites de velocidade e concienciar aos condutores da necesidade de adecuar a velocidade do vehículo á establecida pola vía.

O exceso de velocidade incide desfavorablemente na seguridade viaria e ten un impacto negativo sobre os usuarios máis vulnerables da vía, como son peóns e ciclistas, por iso desde a Policía Local de Lugo faise un chamamento a todas e todos os condutores para que respecten os límites de velocidade xa que os excesos son factor determinante tanto para a incidencia dos accidentes como para a gravidade das lesións.

Noticias relacionadas