Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 14 de agosto de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venda ambulante non autorizada

Na mañá de onte, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no Parque da Milagrosa con motivo do mercadillo semanal, sorprenderon a dúas persoas ocupando espazo público para a venda ambulante non autorizada, levantando dúas actas de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, propoñendo sanción de 600 euros a cada un deles.

Accidente de circulación

Á primeira hora da mañá de onte, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Estrada Vella de Santiago, xa que se produciu un accidente de circulación, observando que dous vehículos chocara ao non respectar un dos condutores un sinal de “stop”, desprazándose un deles cara á beirarrúa e chocando contra un sinal de tráfico. O equipo de Atestados instrúe as oportunas dilixencias. (foto)

Filtros de seguridade viaria

A madrugada pasada, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, co seguinte balance:

  • Avenida Fontiñas. Condutor con signos de embriaguez que é sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,57 mg/l.
  • Rolda do Carmen. Condutor de turismo sometido a test de drogas con resultado POSITIVO en COCAÍNA.
  • San Eufrasio. Condutor de turismo sometido a test de drogas, con resultado POSITIVO en THC.

Estes condutores foron sancionados con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir, inmobilizando os vehículos.

Noticias relacionadas