Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 14 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Filtros seguridade viaria

Durante a xornada do martes, día 13 de xuño, a Unidade Territorial de Policía de Barrio e o Grupo Operativo Nocturno, apoiados pola Unidade de Atestados, realizaron varios filtros de seguridade viaria en distintos puntos da cidade, obtendo os seguintes resultados:

  • 6 vehículos que circulaban sen ser sometidos á inspección técnica periódica no prazo regulamentario.
  • 1 vehículo circulando a pesar de haber resultado desfavorable a inspección técnica á que fora sometido.
  • 4 condutores que non facían uso do cinto de seguridade.
  • 2 vehículos circulando sen ter concertado o seguro obrigatorio.
  • 1 condutor que manexaba o vehículo a pesar de ter caducado o seu permiso de conducir.
  • 1 condutor que circulaba nun vehículo sen ITV e que, unha vez sometido ás probas regulamentarias, lanzou resultado positivo en cocaína (servizo requirido por axentes da Policía Nacional).
  • Dous dos vehículos cos que se actuou resultaron finalmente inmobilizados no depósito municipal de vehículos.

Accidente de circulación

Ás 5’35 horas do mércores 14, a Unidade de Atestados, apoiada por axentes do Grupo Operativo Nocturno, acudiu á Rolda do Carmen, onde ocorrera un accidente de circulación con varios implicados.

Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que, segundo os primeiros indicios, un vehículo que circulaba pola a citada vía, sentido cara á Fonte dos Ranchos, chocaría contra o primeiro dos automóbiles estacionados en liña ao lado dereito, ao cal desprazaría cara ao seguinte, este último cara ao seguinte e este tamén cara ao próximo, co cal resultaron afectados o presunto causante e catro estacionados, o que ofrece un claro indicio da velocidade á que circulaba o turismo causante e a violencia do impacto.

O condutor do automóbil foi sometido ás probas de alcoholemia regulamentarias, lanzando resultado positivo de 0.78 e 0.83 mg/L, motivo polo cal se instrúen dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria, por conducir un vehículo de motor baixo a influencia de bebidas alcohólicas.

Denuncia por ouriñar en vía pública

Sendo as 4’55 horas do mércores, un indicativo do Grupo Operativo Nocturno procedeu á identificación dunha muller que ouriñaba na vía pública, ao ser observada entre dous contedores situados na Praza de Bretaña, fronte á Comandancia da Garda Civil.

Noticias relacionadas