Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 14 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia e drogas

Durante a fin de semana, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, intensificaron os controis de alcoholemia e drogas, establecendo diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA (4)

  • No polígono industrial de As Gándaras detéctase a circulación irregular dun vehículo, cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,90 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Na rúa Río Narla dáse o alto a un vehículo, comprobando que o condutor CARECE de permiso de condución por perda TOTAL dos PUNTOS asignados, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Na Praza de Santo Domingo é detido un condutor por condución irregular, comprobando que o condutor CARECE de permiso de condución por perda TOTAL dos PUNTOS asignados, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Na Avenida das Américas detéctase a circulación irregular dun vehículo cuxo condutor CARECE de permiso por NON OBTELO NUNCA, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS (2)

  • Rúa dos Gardas. Condutor con resultado POSITIVO de 0,39 mg/l.
  • Dona Pega. Condutor con resultado POSITIVO de 0,36 mg/l.

Estes condutores foron propostos para sanción de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

DROGAS (1)

  • Na rúa Portugal dáse ao alto a un vehículo, observando os axentes que presenta signos de consumir substancias estupefacientes, sendo sometido a un test de drogas, lanzando un resultado POSITIVO en COCAÍNA, OPIÁCEOS e THC, sendo sancionado con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Axuda humanitaria

Na mañá do día de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo observa por Camiño Real a unha muller de avanzada idade que camiña en bata e zapatillas de casa, con claros síntomas de estar desorientada, sendo auxiliada polos axentes, pescudando o seu domicilio e comprobando que fora dada de alta dun centro hospitalario, sendo trasladada á súa vivenda onde queda en compañía dunha veciña.

Pola tarde unha patrulla acode á rúa Codesal xa que unha persoa caeuse no interior do seu domicilio e era incapaz de levantarse, observando os axentes que una das xanelas da vivenda áchase entreaberta polo que un policía accede ao interior, observando a unha señora no seu dormitorio completamente alterada, polo que é auxiliada, requirindo a presenza dunha ambulancia para a asistencia desta persoa, localizando a un familiar para que se faga cargo.

Noticias relacionadas