Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 14 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Detención por violencia de xénero

Na madrugada do día 14 de abril/23 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da zona norte da cidade xa que os veciños informan que se escoitan berros dunha muller, así como carreiras polo piso e golpes.

Os axentes comparecen de inmediato e escoitan berros procedentes dunha vivenda, chamando ao timbre, sendo recibidos por unha muller que manifesta que a súa parella chegou á vivenda e comezaron a discutir. Que cando tentaba chamar á súa nai, quitoulle o teléfono e ameazouna de morte, tanto a ela como á súa familia, agarrándoa polos brazos e causándolle lesións, chegando mesmo a mordela.

Os axentes proceden á identificación do home, manifestando que a muller chegou á vivenda en estado ebrio e que foi ela a que lle agrediu no pescozo.

Por todo o relatado procédese á detención do home, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias por un presunto delito de violencia de xénero, trasladando á muller a un centro médico para ser asistida das lesións que presenta.

Noticias relacionadas