Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 13 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por violencia de xénero

Na tarde do día 12 de decembro, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo son comisionados pola Sala do 092 para que se trasladen a un edificio da rúa Montirón, xa que ao parecer estábase producindo unha pelexa.

Os axentes son recibidos por varios veciños que lles informan que hai un gran escándalo nunha das vivendas, chamando á porta do piso sendo recibidos por un home que manifesta que momentos antes tivo unha forte discusión coa súa parella, marchándose do lugar.

Outra patrulla localiza á muller en estado de nerviosismo, a cal manifesta que discutiu coa súa parella e que nun momento dado empuxouna, golpeándose contra o marco da porta, agarrándoa do pescozo, logrando zafarse para pedir auxilio.

Os axentes comproban que a muller presenta lesións leves e, ante o ofrecemento de asistencia médica, a rexeita polo que se procede á detención do home, de 29 anos, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado competente.

Accidente de circulación e positivo en drogas

Na tarde de onte un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Rolda do Carme xa que se producira un accidente de circulación, onde o condutor dun turismo, que circula dirección á praza da Fonte dos Ranchos, observa como un vehículo que se incorpora á Rolda do Carme interfire na súa traxectoria, realizando unha manobra evasiva para evitar chocar, pero impactando contra un vehículo estacionado.

Os axentes someten aos condutores a unha proba de alcoholemia e de drogas, arroxando un deles resultado POSITIVO en COCAÍNA, instruíndose as oportunas dilixencias. (Adxúntase imaxe)

Delito contra a seguridade viaria

Na madrugada do día 12 de decembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, detecta que un vehículo circula en sentido contrario á circulación pola Rolda da República Arxentina, cambiando de dirección pola rúa Pintor Corredoira e internándose na rúa Armórica, sendo interceptado e observando os axentes que o condutor presenta signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas regulamentarias, arroxando un resultado POSITIVO de 0,72 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo e abrindo expediente sancionador contra o condutor por condución temeraria, propóndose ademais sanción de 500 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Noticias relacionadas