
Detención por violencia familiar
Á primeira hora do domingo 10 de agosto, unha patrulla da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se dirixa a unha casa da zona sur da cidade onde ao parecer estase producindo unha discusión entre dúas persoas, posiblemente unha parella.
Os axentes comparecen de inmediato no lugar sendo recibidos por unha familiar da parella e outras dúas testemuñas, que relatan os feitos aos axentes da Policía. Tras entrevistar separadamente á parella procédese á detención de ambos, requirindo a presenza dunha ambulancia que, tras unha primeira valoración, procede ao traslado do home ao HULA e a muller a un centro médico da cidade, sendo ambos custodiados por axentes deste corpo xa que se realizaba o traslado en calidade de detidos.
Unha vez recibida asistencia médica, a parella é trasladada a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado.

