Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 10 ao 12 de marzo de 2023.

Luns, 13 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Controis de alcoholemia e drogas

Durante esta fin de semana intensificáronse os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, nos que efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diversos filtros de seguridade viaria, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, detectándose as seguintes incidencias:

Dispositivo estático de control no distrito da Milagrosa:

  • Detección dun vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,45 mg/l
  • Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,44 mg/l
  • Condutor sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,43 mg/l
  • Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,30 mg/l
  • Vehículo detido cuxo condutor  lanza un resultado POSITIVO de 0,50 mg/l

Os catro primeiros condutores foron sancionados con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e o quinto condutor foi sancionado con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos, inmobilizándose os vehículos.

En rúa do Peto dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,41 mg/l.

Na rúa Marina Española sorpréndese a un condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,36 mg/l., nas probas de alcoholemia practicadas.

Na rúa Margarita dáse o alto a un vehículo que ao ser sometido ás probas de alcoholemia, lanza un resultado POSITIVO de 0,31 mg/l.

Na rúa das Artes sorpréndese a un condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,47 mg/l.

A estes catro condutores abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizándose os vehículos.

Delitos contra a seguridade viaria

Na rúa dos Guardias detéctase a circulación irregular dun vehículo que ao identificar o condutor compróbase que CARECE de permiso de condución por NON OBTELO NUNCA, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Na Avenida das Fontiñas detéctase a circulación irregular dun vehículo que ao ser detido obsérvase que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,81 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Inspección de establecementos públicos

Durante a fin de semana establecéronse dispositivos conxuntos entre Policía Local e Policía Nacional nos que efectivos de ambos os corpos realizaron inspeccións nun local da rúa Tui, nos que por parte dos efectivos da Policía Local de Lugo han levantando as seguintes actas de denuncia por infraccións GRAVES á normativa de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas:

  • Ter en funcionamento un equipo de reprodutor de música, cando o ten prohibido ao ser un local do Grupo I (café bar) e conectado a altofalantes para reproducir o son
  • Exceder do aforo permitido, xa que había 65 persoas no interior cando o seu aforo é de 25
  • Xanela e porta tapiadas que impiden a visión e a entrada de luz, constatando ademais que a luminosidade do interior é moi tenue, inapreciable nalgún punto
  •  Exercicio de actividade distinto do establecido na licenza, xa que funciona como un pub cando a licenza de actividade é de café bar
  • O titular non impide que os usuarios saian do local con consumicións
  • Carencia de información sobre datos do titular
  • Carencia de información sobre horario de apertura e peche
  •  Carencia de información sobre aforo
  • Carencia de follas de reclamacións
  • Carencia de información de prohibición de consumo de alcol e tabaco a menores
  • Mal estado do establecemento, instalacións e servizos, cunha falta total de hixiene en aseos e servizos
  • Deficiencias na iluminación, ventilación e servizos de evacuación
  • Situación irregular de documentación da máquina comecartos do local

Por parte de efectivos da Policía Nacional levantáronse 2 actas de denuncia por tenencia de estupefacientes; 2 actas por posesión de armas brancas e a intervención á titular do establecemento de 3 teléfonos móbiles e un patinete eléctrico.

Así mesmo levantouse acta de denuncia por infracción á normativa de Espectáculos Públicos ao detectar dous establecementos públicos, situados na rúa Xenebro e Carril dos Loureiros por exceder, no exercicio da súa actividade, o límite horario establecido.

Auxilio a cidadáns

Sobre as 11,30 horas do día 11 unha patrulla de servizo na rúa Tui observa a un mozo de 22 anos tirado na beirarrúa totalmente inconsciente, sendo inmediatamente auxiliado, colocándoo en posición lateral de seguridade, o cal presentaba constantes vitais pero alarmantes palpitacións e grandes espasmos no abdome, sendo requirida a presenza dunha ambulancia do 061, recobrando a consciencia e tratándose de autolesionarse, tentando golpearse coa cabeza no chan, sendo estabilizado polo equipo sanitario, manifestando que consumira gran cantidade de alcol e cocaína.

Que ao ser introducido na ambulancia ponse moi alterado, polo que se procede á súa inmobilización, sendo acompañado polos policías no interior da ambulancia para garantir a seguridade do traslado.

Ás 6,40 horas do día 11 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode a un edificio da rúa Aquilino Iglesias Alvariño xa que ao parecer unha persoa de avanzada idade caeuse no interior da súa vivenda e non era capaz de levantarse.

Os axentes atopan a esta persoa de 86 anos tendido no chan do dormitorio, xa que se deslizou desde a cama, incorporándoo e deixándoo deitado, sen que se produciu dano algún e rexeitando asistencia médica. 

Noticias relacionadas