Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 12 de agosto de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por delito de furto

Sobre as 2:20 horas do día 12 de agosto unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un establecemento comercial da rúa San Roque, xa que unha persoa tratara de subtraer mercadoría e estaba retido polo persoal do local.

Os axentes trasládanse de inmediato ao lugar sendo informados por un traballador do local de que, momentos antes, un home subtraera un pito precociñado do andel e escondíao entre as súas roupas, indicándolle que entregase o produto ou o abonase, respondendo con actitude agresiva, empuxando con forza ao empregado que caeu sobre unha clienta que se achaba no local.

Os policías proceden á detención desta persoa, de 59 anos de idade, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.

Noticias relacionadas