Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 12 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

Sobre as 23:30 horas do día 11 de maio un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa San Roque xa que un vehículo chocara contra dous turismos estacionados e un deles desprázase chocando contra outro tamén estacionado, observando que o condutor do vehículo presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,69 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Filtros de seguridade viaria

No día de onte 11 de maio, por efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, co apoio dun equipo de Atestados do Corpo realizáronse diversos controis de alcoholemia e drogas, detectando ás 18:20 horas na rúa Ferreiriños a condución irregular dun vehículo que ao ser detido compróbase que o seu condutor CARECE de permiso de condución por perda total de puntos, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizándose o vehículo.

Ás 19:50 horas detéctase a circulación irregular dun vehículo pola rúa Aller Ulloa polo que unha vez identificado ao condutor compróbase a través das bases de datos policiais que CARECE de permiso de condución por perda total dos puntos asignados, observando ademais que presenta signos de consumir estupefacientes polo que é sometido ás probas regulamentarias no “drogototest”, lanzando un resultado POSITIVO en OPIÁCEOS, COCAÍNA e THC, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Na Avenida da Coruña detéctanse de madrugada dous condutores con signos de inxerir bebidas alcohólicas, lanzando o primeiro un resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia realizadas de 0,42 mg/l e o segundo de 0,30 mg/l, abríndose expedientes sancionadores con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

No transcurso destes filtros de seguridade viaria abríronse expedientes sancionadores:

  • 2 denuncias por carecer de Seguro Obrigatorio.
  • 5 denuncias por ITV caducada.
  • 3 denuncias por non facer uso do cinto de seguridade o condutor.
  • 1 denuncia por condución neglixente.
  • 1 denuncia por transportar un menor sen facer uso do sistema de retención infantil.

Gorrillas

No día de onte por efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo estableceuse un dispositivo especial para o control da conduta ilegal de aparcacoches na contorna do HULA, empregando vehículos policiais camuflados, levantándose SETE actas de denuncia por infraccións á Ordenanza de Circulación, Regulamento Xeral de Circulación e Lei de Seguridade Cidadá, ao sorprender a outras tantas persoas realizando a conduta de invadir a calzada para indicar estacionamentos a condutores, ocasionando molestias e poñendo en risco a súa integridade física.

Noticias relacionadas