Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 12 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención polos delitos de malos tratos, condución temeraria e facelo sen permiso de condución

Sobre as 2:15 horas do día 11 de abril unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, de servizo na rúa Mariña Española, detecta a circulación dun ciclomotor ocupado por dúas persoas, procedendo a comprobar a través das bases de datos policiais que carece de Seguro Obrigatorio e de Inspección Técnica de Vehículos.

Por tal motivo proceden a darlle o “alto”, facendo caso omiso o condutor, acelerando bruscamente para evitar a acción policial, sendo perseguido polas rúas Mariña Española, Armórica, Rolda Fingoi e ao chegar a Estrada da Granxa perde o control do vehículo impactando contra un guardarrail, caendo os ocupantes ao chan.

Que nese momento son identificados, comprobando que o condutor carece de permiso de condución, requirindo a presenza dunha ambulancia do 061, sendo atendidos no lugar da detención, xa que presentaban feridas leves.

A acompañante do condutor no ciclomotor manifestou que cando se deu á fuga pediulle varias veces que se detivese, facendo caso omiso, temendo pola súa vida no traxecto.

Así mesmo declarou aos axentes que o condutor a agredira en varias ocasións, xa que é moi celoso e quería iniciar unha relación sentimental con ela pero non quería e que hai uns días propinoulle unha puñada e que continuamente a ameaza dicíndolle que “tes que ser miña e de ninguén máis”.

O condutor, de 41 anos, confirmou aos axentes que si agredira á moza, procedendo á súa detención, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias por un delito de malos tratos, outro delito de condución temeraria e outro contra a seguridade viaria ao conducir sen autorización administrativa.

Detención por desobediencia grave a axentes da autoridade

Na mañá do día 10 de abril procedeuse á detención dun home de 63 anos por un delito de desobediencia grave e insultos a axentes da autoridade.

Os feitos ocorreron cando unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo observa que esta persoa áchase na rúa Aguirre causando molestias aos viandantes, impedindo a libre circulación destes.

Os axentes requírenlle o cesamento da súa actitude e que deixe camiñar á xente, procedendo a insultalos, sendo informados que momentos antes accedera ao interior da Catedral gritando e alterando a orde pública.

Esta persoa négase reiteradamente a identificarse, polo que se procede á súa detención e traslado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias por un delito de desobediencia grave a axentes á autoridade.

Delito contra a seguridade viaria

Na madrugada do día 12 de abril, nun filtro de seguridade viaria establecido na rúa Camiño Real, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta, ás 4:00 horas, a presenza dun vehículo cuxo condutor se comproba que carece de permiso de condución por perda total dos puntos asignados, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Así mesmo interceptouse un vehículo sobre o que pesaba mandamento de procura e captura por EMBARGO, sendo PRECINTADO ao dispor do órgano competente.

Noticias relacionadas