Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 12 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delito contra a seguridade viaria

Sobre as 2:00 horas do día 12 de xaneiro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta un vehículo que circula pola Avenida de Madrid zigzagueando dun lado a outro da calzada, poñendo en perigo ao resto de usuarios. Unha vez dado ao “alto” obsérvase que o condutor de nacionalidade estranxeira e sen domicilio en España presenta signos de estar embriagado, xa que ten os ollos vidrosos, despide forte cheiro a alcol e a súa fala é pastosa, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 1,26 mg/l (cinco veces máis que a taxa máxima permitida), procedendo ao seu traslado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias, en calidade de investigado, por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Que ao manifestar que ten intención de irse de España e non ter domicilio no noso país e non dar fianza suficiente para que se presente no Xulgado, procédese á súa detención para asegurar a súa presenza ante a Autoridade Xudicial. O vehículo foi retirado polo servizo de guindastre ao depósito municipal onde queda inmobilizado.

Ás 3:20 horas do mesmo día unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a condución irregular dun vehículo pola rúa San Roque, comprobando que o seu condutor presenta signos de inxerir bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia e lanzando un resultado POSITIVO de 0,63 mg/l., abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Control medidas COVID

Ás 4:15 horas do día 12 de xaneiro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta na rúa Armórica unha reunión de 6 mozos NON CONVIVENTES, os cales foron identificados e propostos para sanción por infracción á Lei de Saúde de Galicia xa que desde o pasado 31 de decembro, entre as 3:00 e as 6:00 horas, a permanencia de grupos de persoas en espazos públicos e nos de uso privado queda limitada aos constituídos EXCLUSIVAMENTE por conviventes.

As multas que carrexa este incumprimento son de 500 euros para cada un dos mozos denunciados.

Ruídos en interior de vivenda

Ás 00:20 horas do día 11 de xaneiro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo foi comisionada pola Sala do 092 para que acudise a un edificio da rúa Montirón xa que os veciños queixábanse dos ruídos que proviñan dun entresollado. Os axentes escoitan música en ton moi elevado xa desde a rúa, imposibilitando o descanso dos veciños que manifestaron que é habitual este tipo de molestias, tratando de identificar ao responsable que non contestaba ás chamadas dos axentes, nin abría a porta do entresollado.

Á primeira hora da noite do mesmo día unha patrulla logra identificar ao responsable das molestias ocasionadas a noite anterior, comprobando que existe expediente de orde de cesamento do uso de vivenda no entresollado, manifestando que descoñecía tal extremo xa que o propietario non lle informaba de nada, observando os axentes que o entresollado está acondicionado a modo de vivenda, con sala de estar e dormitorios, tratándose dun entresollado con acceso independente do inmoble destinado a vivendas. Por tal motivo levántase acta de denuncia para remisión ao servizo de Urbanismo do Concello e acta denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental polas molestias xeradas.

Noticias relacionadas