Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Luns, 11 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Presunto delito de quebrantamento de condena

A última hora do día 7 de decembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á rúa Teatro, xa que ao parecer había unha persoa indisposta, comprobando os axentes que un home estaba tirado na calzada, obstaculizando o paso de vehículos, manifestando unha testemuña que momentos antes observara como esta persoa, cando cruzaba polo paso de peóns, tirábase ao chan el só, sen que ninguén interviñese, crendo que lle podía dar un ataque, procedendo os policías a auxiliar a esta persoa, que presentaba signos de embriaguez, sen que se apreciase lesión algunha, requirindo a presenza dunha ambulancia do 061, sendo trasladado a un centro médico.

Os axentes chequean a identidade desta persoa a través dos servizos informáticos, comprobando que sobre el pesa unha Orde de Afastamento de 300 mt dunha muller, a cal vive na devandita rúa, podendo saber máis tarde que este home estivera en contacto coa vítima no interior do seu domicilio esa mesma tarde, polo que se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda por un presunto delito de quebrantamento de condena.

Altercado en interior de local de lecer nocturno

Na madrugada do día 7 de decembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se dirixa a un edificio da rúa Marina Española xa que os veciños quéixanse dos ruídos que proveñen dun local de lecer nocturno, observando os axentes que o encargado do establecemento está a desaloxalo, manifestando que se produciu unha pelexa no interior, identificando a un home que manifesta que momentos antes fora insultado e agredido por dúas persoas.

Procédese á identificación dunha muller que manifesta que foi esta persoa, que non coñece de nada, a que propinara unha labazada, procedendo tamén á identificación de varias testemuñas que proceden a separar ás partes, producíndose unha pelexa entre todas estas persoas, polo que se confecciona o correspondente parte de intervención á espera da presentación das denuncias para a súa remisión á Autoridade Xudicial correspondente.

Controis de alcoholemia e drogas

Durante as madrugadas dos días 9 e 10 de decembro, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, intensificaron os controis de alcoholemia e drogas, en vías do centro urbano, establecendo diversos filtros de seguridade nos que se empregaron vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

  • Na Praza Fonte do Rei dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,77 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria, na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  •  Na rúa Marina Española detéctase a circulación irregular dun vehículo, observando que o seu condutor áchase baixo os efectos de bebidas alcohólicas, lanzando un resultado POSITIVO de 0,84 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria, na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS

  • Praza de Fonte do Rei. POSITIVO de 0,53 mg/l. ábrese expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
  • Rolda da Muralla. POSITIVO de 0,39 mg/l., ábrese expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

DROGAS

  • Rúa San Roque. Condutor POSITIVO en THC.
  • Praza Fonte do Rei. Condutor POSITIVO en THC.
  • Avenida Ramón Ferreiro. Condutor POSITIVO en COCAINA.

Estes condutores foron sancionados con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

VEHÍCULOS PRECINTADOS

No transcurso destes controis detectáronse DOUS vehículos sobre os que pesaba mandamento de captura e depósito por EMBARGO, emitidos por distintas administracións públicas, sendo PRECINTADOS ao dispor destes organismos.

VELOCIDADE

Nestes dispositivos establecéronse tamén diversos controis de velocidade, co emprego dun vehículo policial dotado de cinemómetro, co seguinte balance:

  • Vehículos controlados: 280
  • Condutores denunciados: 50

Auxilio a cidadán

Na mañá do día 10 de decembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo desprázase á zona de Conturiz xa que unha persoa caeuse no interior do seu domicilio e non era capaz de levantarse, comprobando os axentes que unha persoa de avanzada idade escorregara, polo que é incorporado polos policías, requirindo a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao HULA xa que se queixaba dunha dor no pulso.

Venda ambulante non autorizada

O venres 8 estableceuse un dispositivo no interior do Parque da Milagrosa pola celebración do mercadillo semanal, onde patrullas da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo levantaron DÚAS actas de denuncia por infracción á Lei Orgánica de Seguridade Cidadá, ao sorprender a dúas persoa ocupando vía pública para venda ambulante non autorizada, sendo sancionados con multas de 600 euros.

Noticias relacionadas