Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 11 de agosto de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delito contra a seguridade viaria

Á primeira hora da noite do día 10 de agosto un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Rúa Chantada xa que segundo a Policía Nacional un condutor deixara o seu vehículo estacionado en zona reservada para vehículos policiais e ao descender do mesmo obsérvase que presenta signos de acharse embriagado, xa que apenas podía manter a verticalidade, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,63 mg/l, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Así mesmo unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo intercepta un vehículo que circulaba pola Praza do Ferrol, comprobándose que o condutor era novel e presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,25 mg/l, cando a súa taxa máxima permitida é de 0,15 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Inspección de local de hostalería

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo procederon á inspección dun local de hostalería, situado na rúa Santiago, detectando que a pesar que o establecemento dispón de licenza do Grupo I, polo que nin sequera permíteselle a instalación de equipos de reprodución de son, levaba a cabo unha actuación (concerto) nunha terraza adxacente ao edificio que está descuberta e lindeiro coa vía pública, co emprego de equipos de reprodución musical e diversos instrumentos musicais para actuación en directo, carecendo do correspondente título habilitante, polo que se levantou acta de denuncia por infracción á normativa de espectáculos públicos de Galicia, sendo denunciado tamén por carecer da correspondente póliza de seguros.

Discusión en local de hostalería

Na tarde do día de onte 10 de agosto unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, acode a un local de hostalería da Rúa Nova xa que ao parecer había unha muller que estaba a increpar e molestando aos clientes. Os axentes son informados que, por mor dun rozamento fortuíto coas persoas da mesa de á beira, unha copa caeu ao chan e nese momento unha muller dirixiuse cara a eles de forma despectiva e insultante, polo que se procede á identificación das partes, pero ao proceder ao a identificación da muller que increpara aos ocupantes desa mesa, diríxese aos axentes dunha maneira despectiva, polo foi denunciada por infracción á Lei Orgánica de Protección de Seguridade Cidadá, por falta de respecto e consideración aos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, levantando o correspondente parte de intervención.

Auxilio a un cidadán

Na mañá de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade ás galerías da Rúa Nova xa que ao parecer había unha persoa tirada no chan. Os axentes comproban que se trata dun home de avanzada idade, que respira con dificultade e está a tremer, sendo auxiliado polos policías que requiren a presenza dunha ambulancia do 061 para o seu traslado ao HULA.

Noticias relacionadas