
Deslucimento dun ben inmoble
Na tarde de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode ao parque da Milagrosa, xa que o vixiante do recinto comunica que unha moza realizou unhas pintadas na fachada do Auditorio Municipal, procedendo os axentes á identificación da autora das pintadas, resultando ser menor de idade, polo que se dá coñecemento destes feitos aos seus pais, procedendo á intervención dun spray de pintura que utilizaba a moza para realizar o grafiti. (foto 1)
Auxilio a cidadáns
A primeira hora da noite de onte unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode ao parque Rosalía de Castro, xa que ao parecer unha persoa de avanzada idade atópase sentado nun banco con signos de estar desorientada, sendo localizada polos axentes, dando respostas incoherentes e queixándose dunha dor nunha das súas pernas, sendo auxiliado e requirindo a presenza dunha ambulancia do 061 para o seu traslado ao HULA.
Na madrugada do día 11 de xullo unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode a un local de hostalería da zona norte da cidade, xa que o seu propietario queixábase de que quería pechar o establecemento e unha muller en estado de embriaguez negábase a saír. Os axentes proceden á identificación desta persoa, que é convidada a abandonar o local para que o seu titular puidese proceder ao peche, rexeitando asistencia sanitaria, e confeccionado os axentes o correspondente parte de intervención policial para a súa remisión ao órgano competente.

