Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 11 de xullo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por reclamación xudicial

Na tarde de onte, 10 de xullo, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode á Praza Horta do Seminario xa que, ao parecer, había unha persoa que causaba molestias á cidadanía e, ao proceder á identificación dun home de 47 anos de idade, compróbase a través das bases de datos policiais que sobre el pesan dúas ordes de detención e presentación, ditadas por senllos Xulgados da Coruña polo que se procede á súa detención e traslado a dependencias policiais onde se instrúen as oportunas dilixencias.

Liorta familiar

Na tarde do día 10 de xullo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á Avenida de Madrid xa que, ao parecer, un menor de idade agredía á súa nai na rúa.

Presentados de inmediato, os axentes póñense á fala coa nai, que manifesta ser agredida polo seu fillo de 15 anos, presentándose unha ambulancia do 061 que realiza unha exploración ao menor, sen que se achase lesión visible algunha nin alteración que necesitase medicación e rexeitando a nai calquera tipo de recoñecemento médico, levantando os axentes o correspondente parte de intervención policial para a súa remisión ao órgano competente.

Noticias relacionadas