
Uso irregular de tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade
Na mañá do sábado 29 de novembro, un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio, que realizaba labores nas inmediacións do HULA, observou un vehículo estacionado nunha praza reservada para persoas con discapacidade. O vehículo presentaba unha tarxeta europea sen data de expedición nin validez, sen número de rexistro e co selo do Concello de orixe pouco visible.
Posteriormente, os axentes contactaron co Concello que presuntamente expedira a tarxeta, confirmándoselles que o titular da mesma falecera había varios anos, sendo o fillo do falecido o propietario do vehículo. Por este motivo, tras contactar co propietario do automóbil, os axentes formularon unha denuncia por ocupar a praza reservada sen autorización e iniciaron dilixencias por un presunto uso fraudulento da tarxeta de estacionamento.
Control de establecementos
Durante o dispositivo organizado para controlar actividades incívicas tanto en establecementos públicos como no exterior dos mesmos, en diversas zonas da cidade, os axentes detectaron e denunciaron as seguintes infraccións:
- Ás 9:50 horas do venres, na rúa Luís Seoane, cando corrixían unha infracción de tráfico por circular por unha zona peonil sen a correspondente autorización, o condutor denunciado negouse inicialmente a identificarse, proferindo frases desafiantes contra os axentes de Policía de Barrio actuantes, todo isto nun ton de voz elevado e diante de varias persoas. Por este motivo, ademais da denuncia pola infracción de tráfico, tamén foi denunciado por unha infracción á Lei de Seguridade Cidadá.
- Ás 10:35 horas do sábado, un indicativo da Policía de Barrio redactou unha acta-denuncia contra un local da rúa Tuy por permitir que se sacasen ao exterior consumicións, xa que comprobaron que había un grupo de clientes con botellas de vidro.
- Ás 23:50 horas do sábado, un indicativo do Grupo Operativo Nocturno desprazouse á rúa do Miño, tras recibir queixas pola actividade dun local con portas abertas, música a volume alto e sen autorización. Os axentes comprobaron que se trataba dun establecemento con licenza de café-bar que utilizaba un equipo de son sen permiso. Redactaron unha acta-denuncia por infracción á Ordenanza de Contaminación Acústica e ordenaron cesar o uso do equipo, o que foi cumprido de inmediato.
- Ás 3:10 horas do luns 9, a Sala do 092 recibiu queixas polo ruído dun local de hostalería na rúa Río Ser. Un indicativo do Grupo Operativo Nocturno realizou unha inspección, detectando as seguintes infraccións:
- Falta de cartelería sobre a prohibición de venda de alcohol e tabaco a menores.
- Falta de cartelería informativa sobre a actividade, horario de apertura e peche, aforo, etc.
- Incumprimento do horario máximo de peche, con clientes consumindo no interior.
- Ausencia de acreditación dun seguro de responsabilidade civil.
- Falta de licenza.
Filtros de seguridade viaria
Durante os filtros de seguridade viaria realizados polos axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio, o Grupo Operativo Nocturno e a Unidade de Atestados, detectáronse e denunciáronse as seguintes infraccións:
Denuncias administrativas por alcoholemia
- Avda. de Ramón Ferreiro, con resultados de 0,66 e 0,65 mg/L.
- Avda. de Ramón Ferreiro, con resultados de 0,43 e 0,39 mg/L.
- Avda. de Ramón Ferreiro, con resultados de 0,36 e 0,36 mg/L.
- Rúa Lamas de Prado, con resultados de 0,65 e 0,57 mg/L.
Denuncias administrativas por positivo en drogas
- Rúa Lamas de Prado, positivo en cocaína e cannabis (nesta actuación tamén se denunciou o acompañante por portar unha pequena cantidade de suposto hachís, procedendo á intervención da substancia).
- Rúa Lamas de Prado, positivo en cocaína e cannabis (esta actuación produciuse tras observar unha condución irregular, iniciándose unha persecución. O vehículo foi abandonado na Praza da Liberdade, coas portas abertas e os móbiles dos ocupantes nos asentos, sendo localizados a poucos metros).
Delitos contra a seguridade viaria
- Rolda do Carmen, positivo en alcohol con resultados de 0,87 e 0,79 mg/L.
- Rolda do Carmen, condución con resolución xudicial que o impedía.
- Avda. das Américas, positivo en alcohol con resultados de 0,87 e 0,83 mg/L.
- Rolda da Muralla, condución sen autorización preceptiva.
- Rúa Concepción Arenal, negativa a someterse ás probas de alcohol e drogas tras implicación nun accidente de circulación.
Denuncias por exceso de velocidade
Realizáronse controis de velocidade en diversas vías da cidade (Rolda Fontiñas, Rúa Aller Ulloa, Avda. de Madrid, Rolda Norte, Avda. Benigno Rivera, Estrada Vella de Santiago...), detectándose un total de 136 infraccións.
Tamén se denunciaron 4 vehículos sen seguro obrigatorio, 3 sen inspección técnica periódica en prazo e un condutor con permiso de conducir caducado.

