
Venda ambulante non autorizada
Na mañá do día de onte, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no Parque da Milagrosa, con ocasión da celebración do mercadillo semanal, levantaron CINCO actas de denuncia por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, ao sorprender a outras tantas persoas ocupando espazo público para o exercicio da venda ambulante non autorizada, sendo propostos cada un deles dunha sanción de 600 euros.
Así mesmo levantáronse outras CATRO actas de denuncia, a outros tantos vendedores, por infracción á Ordenanza de Venda Ambulante, ao detectar nas inspeccións levadas a cabo nos postos autorizados, incumprimentos nas condicións de venda.
Auxilio a un cidadán
Na tarde do día de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode a unha parada de transporte urbano da Rolda da Muralla, xa que ao parecer no interior dun autobús atópase unha muller de avanzada idade totalmente desorientada.
Os axentes póñense ao fala con esta persoa, que lles manifesta que quere ir a casa dun familiar pero non sabe como chegar, logrando pescudar o domicilio ao que a trasladan no propio vehículo policial, quedando en compañía dos seus familiares.
Delito contra a seguridade viaria
A madrugada do día 10 de xullo unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola rúa Montirón, dándolle o alto e comprobando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 1,00 mg/l (catro veces máis que a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

