Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Luns, 10 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia e drogas

Durante a ponte de Semana Santa, do xoves 6 ao domingo 9 de abril/23, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados e co apoio de equipos de Atestados do Corpo, intensificaron os controis de alcoholemia e drogas, co establecemento de numerosos filtros de seguridade viaria naquelas zonas da cidade onde se aprecia un incremento do número de accidentes, lanzando o seguinte balance:

14 alcoholemias administrativas, que lanzaron os seguintes valores POSITIVOS:

  • 0,53 mg/l
  • 0,57 mg/l

A estes dous condutores abriuse expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

  • 0,39 mg/l
  • 0,42 mg/l
  • 0,36 mg/l
  • 0,31 mg/l
  • 0,33 mg/l
  • 0,30 mg/l
  • 0,43 mg/l
  • 0,42 mg/l
  • 0,41 mg/l
  • 0,31 mg/l
  • 0,35 mg/l
  • 0,48 mg/l

A estes 12 condutores abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

3 positivos en DROGAS:

  • Condutor detido na Rolda da Muralla con resultado POSITIVO en THC e COCAÍNA.
  • Condutor detectado en rúa Hortensia con resultado POSITIVO en THC.
  • Condutor detectado na rúa San Roque con resultado POSITIVO en THC e COCAÍNA.

A estes condutores abríuselles expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

3 delitos contra a seguridade viaria:

Na rúa Sierra de Meira detéctase a circulación irregular dun vehículo que ao ser detido obsérvase que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,70 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria.

Nun control estático da rúa San Roque detéctase o condutor dun vehículo baixo os efectos de bebidas alcohólicas, lanzando un resultado POSITIVO de 0,74 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Na confluencia das rúas Jacinto Calvo con Galicia prodúcese un accidente de circulación no que un vehículo non respecta o sinal de ceda o paso, chocando contra outro vehículo que circulaba por vía preferente, resultando ferida a pasaxeira deste último vehículo que foi trasladada por unha ambulancia a un centro médico, en principio con prognóstico leve. A condutora causante do accidente foi sometida ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,51 mg/l, sendo investigada por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

No transcurso destes controis detectáronse ademais as seguintes infraccións graves á normativa de seguridade viaria:

  • 23 vehículos denunciados porque os seus titulares non os presentaban en prazo a ITV.
  • 6 vehículos denunciados por carecer de seguro obrigatorio.
  • 1 vehículo denunciado por circular con placas de matrícula caducadas.
  • 1 condutor denunciado por condución temeraria.
  • 1 condutor denunciado por conducir con permiso sen vixencia.
  • 1 condutor denunciado por carecer de debuxo as rodas do vehículo.
  • 1 condutor denunciado por transportar un menor  de 7 anos sen sistema de retención infantil.

Rescate de ave no río

Na mañá do día 5 de abril unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo trasládase ao caneiro da Fábrica da Luz, onde observan un ave no medio do río que non é capaz de voar ao estar atrapada cunha sedela de pesca.

Os axentes acoden ao club de piragüismo onde dous piragüistas colaboran no rescate, cortando a sedela e rescatando o ave que é cuberta polos axentes cunha peza, colocándoa ao sol xa que estaba desfalecida e non respondía a ningún estímulo, comezando, pasados 5 minutos, a moverse levemente, sendo trasladada ao Centro de Recuperación do Veral. (foto)

Identificación de mozos presuntos causantes de danos en vehículos

Sobre as 5,30 horas do día 6 de abril unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo trasládase a cálea Primavera, xa que ao parecer un grupo de mozos subíronse a varios vehículos estacionados, causando danos, informando varias testemuñas das características físicas das devanditas persoas.

Os axentes localizan de inmediato a dous mozos que responden as características dadas, sendo identificados, e ao ser interrogados maniféstanse moi nerviosos, quitándose un deles o abrigo para esconder unhas feridas que presenta na man dereita, as cales son compatibles cos danos ocasionados nos vehículos, non achegando resposta coherente a como se realizou tales feridas, que eran recentes, detectando dous vehículos que presentan danos nos espellos retrovisores e capó, instruíndose as oportunas dilixencias.

Noticias relacionadas