
Falsa chamada de emerxencia
Durante a tarde do pasado 29 de xaneiro, o Servizo de Extinción de Incendios comunica á Sala do 092 a chamada dun neno que informa sobre un incendio nunha vivenda da cidade, polo que, ademais de dous camións e unha furgoneta de Bombeiros, desprázanse ao lugar varias patrullas de Policía, comprobando que a dirección facilitada polo requirente non existe, polo que os axentes intentan contactar con el, ante o cal inicialmente corta as chamadas e posteriormente apaga o teléfono móbil.
En chamadas posteriores a ese momento, o mozo manifesta ter 8 anos de idade e atoparse en Monforte de Lemos, facilitando datos dos seus proxenitores que resultan falsos.
Tras as indagacións oportunas, consíguese averiguar que a titular da liña telefónica é a avoa do mozo, o cal é completamente filiado (resultando ter 18 anos de idade e residir na vivenda contigua á que presuntamente se vira afectada polo lume), confeccionando acta - denuncia por unha infracción á Lei de Emerxencias de Galicia; confeccionando tamén acta - denuncia por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, por negarse repetidamente a achegar os seus datos filiatorios correctos.
“Gorrillas”
Durante a mañá do venres 7, un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio que prestaba servizo de vixilancia nos arredores do HULA, en dispositivo especial para o control de gorrillas, procedeu á identificación e denuncia dun individuo que, poñendo en risco a súa propia integridade e a do resto de usuarios da vía, internábase na calzada para dar indicacións aos condutores.
Control de establecementos
Durante a mañá do domingo 9, un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio que realizaba patrulla preventiva pola zona das Milagrosas, confeccionou actas - denuncia, por permitir sacar consumicións ao exterior en establecemento de hostalería da rúa Luís Seoane e noutro da rúa Tui.
Auxilio a cidadáns
Durante a tarde do venres 7, os axentes de Policía de Barrio trasladáronse a unha vivenda da rúa Río Ulla, onde vive unha anciá cuxos familiares non logran contactar con ela, segundo información recibida polo Servizo 112. Os axentes acceden ao domicilio a través dunha terraza contigua, atopando á muller sobre a cama, onde aparentemente levaba bastante tempo, atopándose consciente pero moi desorientada, polo que foi atendida polos sanitarios da ambulancia que fora requirida e posteriormente trasladada ao HULA, do que foi informada a súa sobriña, que se dirixía cara a Lugo.
Durante a noite do mesmo venres, os axentes do Grupo Operativo Nocturno trasladáronse á Rúa Nova, confluencia con Ronda Muralla, onde colaboraron cos servizos sanitarios para a atención dunha muller que, presuntamente baixo a influencia do alcol e algunha droga, atopábase moi alterada, sen que fose capaz de manterse en pé por si mesma. Foi trasladada a un centro sanitario.
Presuntas ameazas
Durante a noite do mesmo venres, os axentes do Grupo Operativo Nocturno prestaron protección á empregada dun hostal lucense, xa que un antigo cliente, ao que lle prohibiran o acceso polo seu carácter violento, ameazáraa, sabendo que estivera consumindo bebidas alcohólicas nos locais próximos, polo que tiña medo de que a esperase ao saír do traballo. Os axentes prestaron protección durante o traxecto ao seu domicilio e indicaron o procedemento a seguir para formalizar denuncia polos feitos.
Presunta agresión
Ás 4:00 horas do sábado, os axentes do Grupo Operativo Nocturno trasladáronse a un local de lecer nocturno da zona centro, onde o controlador de accesos dicía ser agredido por un cliente. Os axentes comproban que o requirente presenta roturas na roupa que viste, ademais de queixarse de dor nun ombreiro, xa que fora tirado ao chan, polo que se require a presenza dunha ambulancia, que procede ao seu traslado a un centro sanitario, non sen antes ser informado do procedemento para formalizar denuncia polos feitos ocorridos. Os axentes tamén proceden á identificación do presunto agresor, que permanecía no lugar, quedando á espera dos resultados da exploración médica do presuntamente agredido.
Depósito de residuos na vía pública
Por parte dos efectivos da Policía Local, especialmente polos membros do Grupo Operativo Nocturno, continúase realizando o dispositivo para identificar as persoas que depositan os residuos comerciais e domiciliarios fóra dos contedores habilitados, véndose especialmente afectada a zona da Ronda da Muralla entre rúa Conde e Avd. da Coruña e o primeiro tramo desta última vía, habéndose procedido á identificación e denuncia de varias persoas que botaban as bolsas de lixo ao carón do portal da vivenda.
Detención de suxeito con orde de afastamento
Os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio observan a un varón sentado nun banco da rúa Lamas de Prado, sabendo que podería ter algunha requisitoria xudicial. Tras comprobar que ten unha medida de afastamento da cidade de Lugo (ten prohibida a entrada na cidade), os policías proceden á súa detención e traslado a dependencias policiais, para a instrución das correspondentes dilixencias por quebrantamento de dita medida.
Presunto delito de VIOGEN
Ás 2:25 horas do venres 7, os axentes do Grupo Operativo Nocturno procederona á detención dun individuo, xa que a súa esposa chamara á Sala do 092 informando de que se atopaba pechada nunha habitación da vivenda, xa que ten medo ao seu marido, que a intentara agredir, atopándose tamén presente un menor, de 10 anos.

