Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 09 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Pelexa en vía pública

A madrugada do día 9 de outubro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á Praza do Ferrol xa que unha parella estaba a ser agredida por un home.

Acudidos de inmediato, a parella manifesta que momentos antes un home solicitoulles se podían levalo no coche ata a avenida da Coruña e ante a súa negativa, emprendeuna a golpes coa porta do vehículo, ocasionándolle danos, abríndoa e propinando varias puñadas na cabeza ao condutor, fuxindo a continuación do lugar, rexeitando asistencia médica.

Os axentes realizan unha procura polo lugar, localizando ao presunto autor que é identificado, recoñecendo os feitos, alegando que se trataba dun conflito de tráfico, motivo polo cal se instrúe o correspondente parte de intervención á espera da oportuna denuncia para a súa remisión ao Xulgado de Garda.

Controis de alcoholemia e drogas

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, realizaron diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, utilizando vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:

Delitos contra a seguridade viaria

A madrugada pasada unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola rúa Santiago. Ao ser detido obsérvase que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,72 mg/l., e tamén é sometido a un test de drogas, lanzando un resultado POSITIVO en COCAÍNA, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido e ademais abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Na praza Fonte dos Ranchos unha patrulla dá o alto a un vehículo que non respecta a luz vermella dun semáforo, comprobando que o seu condutor CARECE de PERMISO DE CONDUCIÓN, por non obtelo NUNCA, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, investigando tamén ao titular do vehículo por cooperador necesario na comisión do delito.

Na rúa Milagrosa dáse o alto a un vehículo, observando que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,40 mg/l. Así mesmo compróbase a través das bases de datos policiais que CARECE de permiso de condución POR PERDA DE VIXENCIA ata o ano 2025, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Alcoholemias administrativas

Na Avenida de Madrid unha patrulla observa como un turismo circula en sentido descendente a unha velocidade notoriamente superior á xenérica da vía, sendo perseguido, logrando darlle o alto, momento que observan que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,45 mg/l., sendo sancionado con 500 euros de multa e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Condutas incívicas

Unha patrulla camuflada do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo sorprendeu a CATRO novos ouriñando na travesía Deán Fernández Varela, un deles no lateral da Catedral, sendo identificados e levantándose acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñéndose sanción de ata 900 euros para cada un deles.

Noticias relacionadas