Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 09 de xaneiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Delito contra a seguridade viaria. Condutor multirreincidente

Na tarde do día 8 de xaneiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, detecta a condución irregular dun vehículo pola rúa Milagrosa, dándolle o alto e comprobando os axentes, a través das bases de datos policiais, que o condutor de 34 anos e veciño desta cidade, CARECE de permiso de condución por RESOLUCIÓN XUDICIAL, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Así mesmo compróbase que este condutor é multirreincidente na comisión de delitos contra a seguridade viaria, xa que por patrullas da Policía Local de Lugo foi detido no mes de xuño do ano pasado nun control de alcoholemia, lanzando un resultado POSTIVO de 0,93 mg/l, sendo investigado por delito contra a seguridade viaria; ao día seguinte deste feito é novamente parado por unha patrulla e ao ser requirido a realizar as probas de alcoholemia, NÉGASE a iso, polo que se lle investiga tamén por outro delito contra a seguridade viaria; no mes de agosto vólveselle a parar nun control e lanza un resultado POSITIVO de 0,64 mg/l nas probas de alcoholemia ás que foi sometido e seis días despois vólveselle a parar comprobando que CARECE de permiso por resolución xudicial, polo que se lle investiga de novo por delito contra a seguridade viaria.

Realizáronse tamén diversos filtros de seguridade viaria, detectando un condutor na praza de Santo Domingo que presentaba signos de tomar substancias estupefacientes, sendo sometido a un test de drogas, lanzando un resultado POSITIVO en THC, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo. Este condutor foi parado nun control por unha patrulla da Policía Local de Lugo o pasado mes de novembro, lanzando un resultado POSITIVO en drogas.

Na rúa das Artes detectouse outro condutor que presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,31 mg/l., sendo sancionado con 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Noticias relacionadas